Cores, contos e rock´n´roll
Espectáculo onde é clave a interacción dos artistas coas nenas e nenos. A música de Pakolas, acompañada por contos e polas cores e debuxos de Laura Romero, son o principal atractivo para o público infantil e familiar.
O espectáculo está baseado no libroCD de Pakolas: cancións para rockear, para soñar e tamén, sobre todo, para aprender.
Para nenas e nenos de entre 3 e 10 anos.

