Anthony Blake
Anthony Blake cuéstionase se existe a casualidade neste espectáculo participativo. O mentalista define Practicamente improbable como "o maior espectáculo de participación directa do público que realicei nos meus 35 anos de carreira".

Anthony Blake cuéstionase se existe a casualidade neste espectáculo participativo. O mentalista define Practicamente improbable como "o maior espectáculo de participación directa do público que realicei nos meus 35 anos de carreira".
A quinta das propostas do programa de dinamización lingüística FalaRedes 2018 é unha peza teatral dirixida a todos os públicos a partir de 3 anos e inspirada no universo literario do escritor mozambicano Mia Couto e no conto popular O flautista de Hamelín, recollido polos irmáns Grimm. No espectáculo que a compañía do Elefante Elegante crea para a Rede de Dinamización Lingüística, a temática xira arredor do medio natural e de como vivir en harmonía con el. Trátase dun alegato para unha vida respectuosa do ser humano coa terra que o acolle.
Ultrashow é un espectáculo de Miguel Noguera no que, acompañado dunhas proxeccións, conta os seus pensamentos e ocorrencias que vai anotando diariamente no seu caderno. Todas esas ideas non seguen unha orde, pero teñen un elemento en común: o humor.
O Festival de Artes Escénicas de Ferrol, Fóra do mapa, programa unha serie de espectáculos contemporáneos en distintos espazos arquitectónicos da cidade.
Un espectáculo para todos os públicos no que a partir da obra de María Victoria Moreno (escritora das Letras Galegas 2018) e de diversos fragmentos e relatos da súa obra (Mar adiante, Pan con chocolate, Querida avoa, Leonardo e os fontaneiros ou Eu conto, ti cantas) se percorre o universo da autora. Os temas centrais son a importancia dos afectos no ámbito educativo, o respecto á natureza ou o amor polos animais.
Unha actividade de Ler conta moito
Inauguración do festival con monicreques, contos e música para os máis pequenos.
Teatro Calavera traen ao cociñeiro Antón e á pasteleira Tomasa, que empregan a receita atopada nun libro antigo para vivir unha aventura aloucada na procura do mellor chocolate.
De 3 a 8 anos
Espectáculo multidisciplinar para público infantil / familiar ambientado nas artes de rúa e urbanas.
Terá graffiti en directo, danza urbana, beatbox e contará coa participación estelar dun Mago (mestre de ceremonias), Os 3 Tenedores e A Gramola Gominola.
Un espectáculo dinámino, divertido, sorprendente e cheo de ritmo, con hip hop, rock e moito máis! Unha cita imperdible para disfrutar en familia.
O espectáculo Move In representa a viaxe dos migrantes a través de acrobacias e malabares que levan a cabo oito artistas.
O obxectivo desta compañía é darlle unha nova esperanza a unha xeración africana.
Espectáculo onde é clave a interacción dos artistas coas nenas e nenos. A música de Pakolas, acompañada por contos e polas cores e debuxos de Laura Romero, son o principal atractivo para o público infantil e familiar.
O espectáculo está baseado no libroCD de Pakolas: cancións para rockear, para soñar e tamén, sobre todo, para aprender.
Para nenas e nenos de entre 3 e 10 anos.
Actividade de dinamización con música, teatro e danza. A banda sonora deste contacontos teatral é obra orixinal do compositor coruñés Tito Barbeito.
Sinopse: Vanessa, actriz condutora da actividade, ten un xardín, turelí. No xardín hai un niño, tureló. No niño hai un ovo, turelí. Espera que dese ovo enorme que nos mostra naza un paxariño.
Para nenos e nenas de ata tres anos.