Mental
Durante este espectáculo Jose Rivera e Susana Guisasola adentraránse nos pensamentos do público para analizalos, interpretalos e manipulalos ata límites insospeitados.
Este espectáculo está recomendado para maiores de 9 anos.

Durante este espectáculo Jose Rivera e Susana Guisasola adentraránse nos pensamentos do público para analizalos, interpretalos e manipulalos ata límites insospeitados.
Este espectáculo está recomendado para maiores de 9 anos.
Espectáculo co que o colectivo portugués, Crassh, celebra os 10 anos de traxectoria artística.
A música e o humor estarán presentes neste espectáculo no que interpretarán temas orixinais e versións de Viva La Vida de Coldplay ou Eye Of The Tiger de Survivor.
Little Night xoga coa noite, con personaxes fantásticos e co humor. Estrelas que viaxan co seu bolso, señores con paraugas que caen do ceo, manchas de cores que o invaden todo, son algunhas das sitiuacións surrealistas que ocorren.
Este espectáculo enmárcase dentro do programa Danza a Escena da Rede Española de Teatros e o INAEM.
As familias da Asociación Aboal de Vigo realizan unha adaptación da obra Peter Pan de James Barrie.
Os fondos que se recaden irán destinados á ONG Adesgal e ao Banco de Alimentos.
Oswaldo Digón será o mestre de cerimonias deste espectáculo no que participarán Federico Pérez, Marcos Pereiro e Pepo Suevos.
Os catro cómicos galegos farán que o público ría a esgalla. A recadación do espectáculo estará destinada para financiar programas dirixidos para persoas con alzheimer e familiares.
Oito radios galegas organizan un programa solidario co obxectivo de difundir o labor da Asociación Aspega (Asociación de Síndrome de Asperger).
David Suárez non deixará títere con cabeza durante unha hora de monólogo.
O humor negro e a provocación son as bases deste monólogo que non deixará indiferente a ninguén.
O grupo de música IgualArte compóñeno sete membros do centro ocupacional da Fundación IgualArte, trátase dun grupo de pequeno formato, o seu estilo bebe da música tracional galega como fonte principal da súa sonoridade, con instrumentos como zanfona, pito galego ou o acordeón nun espectáculo no que fusionan harmonías e ritmos modernos a ese repertorio tradicional para construír un estilo dinámico e propio.
Espectáculo multidisciplinar do Grupo Ouriol, composto por Bernardo Martínez, á percusión e xoguetes musicais; Fito Ares, á frauta e saxo soprano e a poeta e comunicadora Eva Veiga que recitará os seus poemas.
FestAlegre 2018 é un festival que inclúe dez espectáculos de circo, danza, música e teatro en seis escenarios diferentes de Santiago de Compostela.
Orquesta Malabar é un proxecto singular que une o mundo do circo co mundo das Bandas Municipais de Música, nunha actuación conxunta da Banda Municipal e un grupo de seis malabaristas-actores-bailaríns.
A proposta escénica versará sobre as corredorías que lles acontecen a dúas compañias de artistas (malabaristas e músicos) ao chegar o momento da actuación diante do público.
Elenco: Aitor Garuz, Arturo Cobas, Dulce Duca, Dani Fausto, Santiago Montero, Guillermo Portas e as Bandas Municipais.