Espectáculo

Galego
Taxonomy Itriangulo: 
Taxonomy Imagen png: 

Paxariños

Actividade de dinamización con música, teatro e danza. A banda sonora deste contacontos teatral é obra orixinal do compositor coruñés Tito Barbeito.

Sinopse: Vanessa, actriz condutora da actividade, ten un xardín, turelí. No xardín hai un niño, tureló. No niño hai un ovo, turelí. Espera que dese ovo enorme que nos mostra naza un paxariño.

Para nenos e nenas de ata tres anos.

Galego

La Biblioteca Mágica

Este espectáculo está composto por varias obras protagonizadas pola mesma persoa, Don Renato, que vive diferentes aventuras a través dos libros e o teatro.

A este espectáculo sumaranse o pallaso Piruleta e o músico e mago Javi, que xunto con Don Renato, vivirán unha aventura musical.

.Este espectáculo está dirixido a nenos maiores de 3 anos.

Galego

Cantacontos

Pablo Díaz converterá os contos en música a través de instrumentos como a frauta, a guitarra e a harmónica.
Este concerto está dirixido a bebés de ata 3 anos.

Galego

Calcetíns

Neste espectáculo os calcetíns terán vida grazas á actriz Eva Tato.

Os máis pequenos, de ata catro anos, desfrutarán dun mundo imaxinario a través dos calcetíns.

Galego

Lembranzas do Condado

Neste encontro folclórico, que conta xa a súa edición número XXI, móstranse dúas das grandes riquezas da cultura galega que son o baile e a música tradicional. Se o tempo o permite este ano haberá pasarrúas antes do inicio das actuacións no Teatro Jofre. Está dirixido a todos os grupos de idade, prestando especial atención aos nenos e nenas como futuros garantes do enriquecemento e difusión do patrimonio etnográfico e cultural.

Galego

La Granja

Maruxa, a granxeira, levántase ao cantar o galo, quítase catro lagañas e lávase coma un gato. Con ela pasaremos un día na súa Granxa, espertaremos a todos os animais, daremos o biberón a catro porquiños, curaremos á veciña de Dona Loba grazas aos cinco lobiños, buscaremos quince ducias de ovos e coa vella ovella Miranda, bailaremos un rock and roll.

Galego

Cidade Imaxinaria 2018

Os espazos exteriores do Gaiás acollen a edición de verán da Cidade Imaxinaria, o espectáculo-actividade para toda a familia que organiza a Cidade da Cultura. Criaturas fascinantes de cinco metros de altura, números acrobáticos, obradoiros, espectáculos circenses... As actividades serán variadas e chegarán a todos os públicos. Cidade Imaxinaria tamén contará cun espazo para bebés, con actividades para nenas e nenos de 0 a 3 anos.

A entrada será libre e de balde.

Galego

La extinta poética

Dos estimulantes aos tranquilizantes, da velocidade aos somníferos. Máxima axitación como único modo de sentirse vivo. Personaxes que cambiaron a súa biografía por un avultado historial clínico… e na metade de tanta nada, apenas unha pregunta: que fai Ofelia na nosa época? Quen escoita o seu queixume antes de que se mergulle, definitivamente, na corrente da vulgaridade e o tedio? 

La extinta poética é unha obra escrita por Eusebio Calonge e dirixida por Paco de La Zaranda.

Galego

Páxinas

Subscribirse a RSS - Espectáculo