Kl´aa tu canción
Pouquiño a pouquiño vou saíndo do niño: ¿Onde estou? ¿quén son?....
Con cada son e cada paso vou volvéndome máis eu, constrúome á vez que che miro a ti e aos demais co compás da curiosidade, afástome da casa para descubrir novos lugares, novas aventuras e elixir o meu camiño, a miña canción. A canción que me fai ser quen son.
Kl´aa significa "cantar" en lingua hadzabe. Kl´aa é unha experiencia visual e sonora a través da voz, a canción e o movemento. Un concerto de creación dirixido aos máis pequeños, construido a partir dos sons que emiten os bebés para comunicarse.

