Cartoóns
Dous tipos abandonados nas marxes.

Dous tipos abandonados nas marxes.
De 11 a 14:30 e de 16:00 a peche podedes disfrutar tanto no Campo da Feira como na Alameda de Rosalía da cabalgata dos Reis Magos
Os Trasnos do Nadal, ademáis de escoitar os deseos dos máis pequenos, teñen previsto ofrecer un pequeno espectáculo no que, a bo seguro, non faltar nin o bo humor, nin a música. Eso sí, cumprindo os protocolos sanitarios.
Claudio é un estudante de secundaria que senta na última fila. Non fala, non participa, non é problemático, non destaca, salvo en Matemáticas. Cada clase fáiselle máis insoportable ata que Xermán, o profesor de Lingua e Literatura, manda escribir unha redacción sobre a fin de semana. A partir dese intre, Claudio empeza a transformarse en alguén que observa, imaxina e escribe a vida doutros nun relato por entregas para un só lector. Ese relato compartido polo discípulo e o mestre converterase nun xogo cada vez máis perigoso para eles e para quen os rodea.
O humor e o absurdo son os fíos que tecen a trama deste espectáculo dun dúo de atletas, cómplices que se compenetran realizando trucos imposibles diante do público. Risco, desastre, sorpresa e surrealismo crúzanse coa impecable técnica en forma de portés, acrobacias aéreas, malabares imposibles e lume. Sempre en formato de clown, Circo Chosco realizan os seus impresionantes números agochándose baixo a apariencia de superacróbatas, de grandes magos ou de malabaristas matematicamente perfectos.
Regina & Celeste son dous nomes, dous corpos, dúas historias e unha soa correspondencia. No seu momento, privada: sen formalidade nin cerimonia algunha. E agora, igual de informal, pero pública, á vista de quen se atreva a lela.
Porque estamos #ante un emocionante diario vital escrito a dúas mans, sen tabús. Unha viaxe ao contraxeito no que se despiezan e cuéstionanse etiquetas, categorías e estereotipos relacionados co LGTBI e con calquera asunto que cheire a xénero e a condición humana.
A figura da bailarina foi o paradigma de todo o que pode facer o corpo en pleno uso das súas facultades, mesmo do que imaxinamos que o corpo nunca podería facer. Pensemos por un momento, cal sería o modelo que podería ofrecer o corpo dunha bailarina vella. Sería paradigmático un corpo vulnerable, estéril e nada sexi? Sería exemplar un corpo cuxa capacidade de dominio é cada vez máis limitada? Para achegarnos a estas preguntas decidimos imaxinar unha criatura ficticia e paradoxal: A bailarina vella.
É importante salientar que se trata dun percorrido histórico polas luces e sombras do pasado da cidade facendo paradas para comentar aqueles acontecementos ou personaxes que fixeron brillar a cidade e tamén aqueles sombríos de pena e oscuridade. Non é unha ruta simplemente para ver as luces. Está dirixido a un público adulto. Duración aproximada: dúas horas.
Os días 23 e 30 de decembro entre 16:30 e 18:30 estará a popular familia nas instalacións do Museo do Mar.
Os bonecos corpóreos estarán polas zonas de acceso gratuíto do museo para saudar a toda a rapazada que se achegue e compartirán unha divertida tarde de Nadal con todas as familias que o desexen.
Para celebrar o Nadal e gozar todos xuntos destas festas acompáñannos nesta ocasión Marc e Olalla para contarnos e debuxarnos unha chea de historias.