Concerto

Galego
Taxonomy Itriangulo: 
Taxonomy Imagen png: 

Havi Potter y la parodia musical

Havi Potter é un mozo mago andaluz cuxa misión é derrotar ao feiticeiro máis escuro de todos os tempos: Lord Condemor.
Para logralo, Havi e os seus amigos Ron Whisky e Herminia “la Greñas” terán que destruír os obxectos nos que Lord Condemor garda a súa alma fragmentada.
A broma está máis que feita nesta parodia musical chea de maxia, comedia, bailes e grandes cancións que deixarán o teu corazón encantado.
 

Galego

Marwán

Marwán, o cantautor e poeta español, celebra o seu 20 aniversario na música cunha xira por España e Latinoamérica, en 2023 e 2024. Nela, ademais, presentará os temas do que será o seu novo disco ‘Canciones para una urgencia’.

Galego

Contos e cantos de Nadal

O trío formado por Uxía (voz e percusión), Sèrgio Tanus (guitarra, viola caipira, cavaquiño e percusión de man) e Santiago Cribeiro (acordeón) celebrará 8 concertos para público familiar con repertorio propio do Nadal. Con eles darán a coñecer panxoliñas tradicionais e outras de nova creación que os participantes poderán recordar e aprender para cantar despois na casa.

Galego

Salvador Sobral

Timbre marca o esperado regreso discográfico de Salvador Sobral. O cuarto álbum de estudio do músico portugués inclúe once novas cancións orixinais, dez delas compostas por Salvador en colaboración con Leo Aldrey, quen tamén asina a produción do álbum, e unha composta por Luisa Sobral.

Galego

bROTHERS iN bAND - The Very Best of dIRE sTRAITS

Recoñecidos como o maior espectáculo internacional homenaxe a dIRE sTRAITS, bROTHERS iN bAND recorre Europa visitando Holanda, Portugal, Alemaña, Francia, Luxemburgo, Andorra e España co seu renovado ”The Very Best of dIRE sTRAITS”, transportándonos na súa particular máquina do tempo a través dun repertorio seleccionado, coidado e extenso que xa pertence á memoria colectiva de varias xeracións a nivel mundial.

Galego

Páxinas

Subscribirse a RSS - Concerto