Concerto

Galego
Taxonomy Itriangulo: 
Taxonomy Imagen png: 

María José Llergo

O novo disco da cordobesa é toda unha declaración de intencións na procura dunha visión artística auténtica que transcenda máis aló do flamenco. A liberdade e a beleza do diferente vertebran unhas temáticas nas que a diversidade e as novas sensibilidades son factores indispensables para alcanzar unha sociedade máis igualitaria e xusta. Un discurso apoderado dende a alegría dunha artista que transita por territorios vangardistas e sinfónicos sen renunciar ás súas raíces nun son único que foxe de clixés e etiquetas

Galego

Músicas y silencios

Músicas e Silencios pretende realizar unha proposta orixinal que acolle varias reivindicacións históricas. Por unha banda, a presentación dun instrumento como o contrabaixo moi pouco utilizado como solista e en música de cámara con piano en concertos e cuxo repertorio se cre moi limitado, e por outro superar a exclusión das mulleres do repertorio de obras para contrabaixo e piano.

Galego

A trompa non só é cousa de elefantes

O CUARTETO DE TROMPAS Catro Cores presenta un espectáculo musical e teatral para os máis pequenos, onde aprenden e descobren aos poucos a forma e os sons dun instrumento musical: a trompa.
As partes deste instrumento están agochadas no escenario e as instrumentistas terán que atopalas para poder facer música con el.
Finalmente, construirán a trompa e tocarán as cancións e melodías de diferentes pezas musicais nun concerto que estimula a vista e o ouvido, onde a trompa servirá para crear diferentes ambientes e movementos.

Galego

CONCERTO DOS GUEZOS

A primeira actividade na axenda de nadal do Concello de A Peroxa é a estrea do novo videoclip do grupo ourensán Guezos e posterior concerto. O evento terá lugar no auditorio municipal da Peroxa ás 19:00 horas. A Entrada é de balde, ata completar o aforo.

Galego

Novas promesas da guitarra 2024

A biblioteca cede o espazo para a realización deste recital, no que o profesor de guitarra Xosé Antonio Rodríguez e o seu alumnado do Conservatorio Profesional de Santiago de Compostela, interpretan obras de Heitor Villa-Lobos, Agustín Barrios e Andrew York, entre outros. 

No salón de actos. A entrada é libre ata completar a capacidade da sala.

Galego

Páxinas

Subscribirse a RSS - Concerto