Concerto

Galego
Taxonomy Itriangulo: 
Taxonomy Imagen png: 

Espectáculo “Radio Bulebule”

Abre as orellas! Sintoniza Radio BULEBULE, transmitindo para o mundo en linguaxe universal. Irrompe no dial a emisora que soñamos e máis nos gusta. Porque dentro dela todo o universo é música. Vén vivir a radio en directo nun divertidísimo programa cheo de humor, baile e cancións. Non perdas a oportunidade de sintonizar Radio BULEBULE e pasalo ben cos amigos e amigas.

No salón de actos. 

Para público familiar.

Entrada libre ata completar a capacidade da sala.

Galego

Morgan

Morgan finaliza «the river circuíto» cunha serie de concertos en distintas cidades entre as que se inclúe Santiago de Compostela.
Morgan é unha banda afincada en Madrid que naceu en 2012 formada actualmente por Carolina de Juan, Paco López, Ekain elorza e David Schulthess.

Galego

Rafa Pons

Rafa Pons volve a SANTIAGO a unha das súas salas preferidas e faio para presentar o seu novo disco e repasar cancións de toda a súa discografía.
JOVEN é o seu oitavo traballo discográfico e nel volve incidir nesa maneira particular e mordaz de narrar a cotiandade que forxou a súa traxectoria musical.

Galego

Aquí en ninghures

De Ninghures é unha banda do novo panorama da industria musical galega. Presentan un repertorio de música galega mesturado con outros lugares da Península Ibérica, Latinoamérica ou o Magreb. Unha proposta que mestura o audiovisual feito en directo coa música de instrumentos analóxicos, cantando e bailando e que xera un ambiente de festa fresco e frenético.

Galego

Conto-Concerto - A Banda do Verán

Este espectáculo musical e teatral da Banda do Verán baséase no libro-disco editado por Galaxia Estamos no verán!!!

Quen non pensou algunha vez de pequeno na posibilidade de montar unha banda de música?

O artista Xoán Curiel protagoniza este show. Partindo do relato de como comezou a coñecer e conectar ca música, as nenas e nenos o acompañan nesta aventura mentres o espectáculo vaise transformando nun concerto.

Galego

Páxinas

Subscribirse a RSS - Concerto