Concerto

Galego
Taxonomy Itriangulo: 
Taxonomy Imagen png: 

Solsticio de verán

"Solsticio de verán" é o novo traballo de Ith. Caracterízase por unha composición e produción renovada, produto dunha evolución natural da propia banda. Como nos traballos anteriores, todos os temas están compostos en galego e polos membros de Ith, conservando un marcado carácter enérxico dentro do rock.

Galego

Na beira

Os instrumentos de percusión empregados por Pelepau nos seus concertos son, na súa gran maioría, tradicionais galegos, destacando os que antano eran utensilios da vida cotián como as culleres, tixolas, botellas de anís, morteros, etc, para deste xeito, recuperar e potenciar a riqueza da instrumentación galega.

Tralo éxito do seu primeiro traballo, "Fío e Agulla", chegan cinco anos despois con "Na Beira" (xullo 2020), nacido do paralelismo entre a diferenza de culturas coa que convivimos e o mesmo mar que nos viu crecer e nos mantivo sempre nun espírito libre, nace "Na Beira".

Galego

Un soño é

Uxía lambona e a Banda Molona é unha banda musical infantil  que nace no ano 2014 e está formada por  Pali ao baixo, Ñoc á batería, Diego á gaita e frauta, Serghaño á guitarra, Roscón ao acordeón e Uxía cantando e animando! .

Ten o  obxectivo de facer cantar e bailar “coma toliñ@s” a todos os nenos e nenas, achegándolles a música tradicional galega dun xeito  atractivo para eles, cambiando estilos musicáis, letras…, e temas propios sempre en galego.

Galego

Rockeando coa Ramona Pequena

“Pakolas”, rockeiro e guitarreiro, é o nome co que Paco Cerdeira se presenta ante o público infantil, eido no que o músico conta con longa traxectoria.  Neste concerto, Pakolas guiaranos coa súa forza interpretativa e o seu humor por todo un universo musical, a través da súa voz e a guitarra, nun espectáculo individual creado polo propio autor, onde a interacción e participación coas nenas e nenos, a animación, as súas caracterizacións e a súa música son o principal atractivo para o público. 

Galego

Os Monifates de festa en festa

Un carromato, dous músicos ambulantes e os máis diversos monicreques danzantes. Os Monifates é un proxecto lúdico-­didáctico estreitamente relacionado coa cultura galega, que pretende mostrar a rica e variada música e instrumentación que se conserva en Galicia, unido á recuperación dos chamados monicreques danzantes, hoxe case en desuso, integrando así baile, música e marionetas nun formato distinto e orixinal.

Galego

Camiños do fado

O dúo formado por Iria Estévez e Gonzo Piña leva varios anos de exitosa andaina, nos que mostraron o seu traballo de versións e temas propio, actuando en todo tipo festivais, actos culturais e salas de toda a xeografía peninsular.
Actualmente presentan en directo o proxecto Camiños do Fado; un concerto no que experimentan cos distintos estilos de fado, poñéndoo en diálogo con outras músicas, como a cantiga galega e a música brasileira, entre outras, ofrecendo unha visión ampla do que o fado supón, a partir daqueles aspectos que comparte con outros estilos musicais.

Galego

Páxinas

Subscribirse a RSS - Concerto