Café Dorothé (versión dúo)
Imos cantar, bailar e xogar esas lindas cancións que con tanto agarimo deixou Dorothé Schubarth escritas nos seus libros.

Imos cantar, bailar e xogar esas lindas cancións que con tanto agarimo deixou Dorothé Schubarth escritas nos seus libros.
O grupo AFECTO Y DESDÉN, formado pola soprano lírico- lixeira Gemma Román, Vitor Blanco acompañando ca arpa e a guitarra barroca, Uxía Delgado ca tiorba e a guitarra barroca e Pablo Ruibal coas violas da gamba, presentan neste programa e de forma didáctica, unha escolma de cancións e danzas populares na escea Barroca do século XVII en España e Italia.
Un carromato, dous músicos ambulantes e os máis diversos monicreques danzantes. Os Monifates é un proxecto lúdico-didáctico estreitamente relacionado coa cultura galega, que pretende mostrar a rica e variada música e instrumentación que se conserva en Galicia, unido á recuperación dos chamados monicreques danzantes, hoxe case en desuso, integrando así baile, música e marionetas nun formato distinto e orixinal.
En Chulísima Aldao e Lado volven empregar a retranca, o humor, a poesía e a música para achegar a quen desexe atreverse a nosa lingua. Durante o espectáculo contamos a historia do galego como nunca cha contaron, moi rápido, moi claro e con bastante sentido do humor. E intentamos desmontar algún dos prexuízos que algunhas persoas usan como escusa para non dicir as súas primeiras frases en galego. Non é unha palestra sobre a historia da lingua, nin unha análise científica sobre a súa situación actual. Nin sequera é un espectáculo didáctico. Pero seguro que descobres cousas.
Alana é un grupo que xorde no ano 2023 co obxectivo de poñer en valor a música tradicional galega. O proxecto trata de mesturar a música tradicional con ritmos contemporáneos de base electrónica e pop.
A súa música parte de recollidas, un traballo feito coa colaboración de moitas mulleres que desinteresadamente axudan a coñecer e preservar a riqueza da música e da tradición. O estilo de Alana vén moi marcado pola importante presenza no directo das percusións tradicionais, asi como melodías que nos invitan en todo momento ao baile.
Almanaque musical mostra aos pequenos e pequenas o ciclo do ano con fermosas cantigas acompañadas por Pelán. Pelán ensinaranos o día que é, e todo o que abrangue o almanaque, as estacións, a lua, as mareas, o agro, as festas. A arpa de Bea e a voz de Marcelo do Bode completan o elenco facéndonos cantar e bailar sen deixar de aprender.
A Lilicleta é unha auténtica festa rodante a cargo dun gran showman como é o Señor Lili.
Un antigo triciclo dos anos 60 de reparto de leite transformado nunha disco a pedais fará que nenos e maiores bailen e desfruten.
Equipo de son autónomo, luces, pompas de xabón, speaker, unha bocina de barco e decoración ou vestiario que se axustan ó tipo de evento
Unha gran elección para animar pasarrúas ou eventos en recintos pechados, feiras modernistas, festas populares, eventos deportivos, nadal, entroido, dinamización de hostelería e comercio, etc
Brinca Vai! De aquí a acolá é un espectáculo baseado no libro-cd-dvd “Brinca Vai!”, editado por
Kalandraka Editora, no que se combinan cancións, animacións e interpretacións cos ritmos e
rexistros máis divertidos.
Acompañade ao músico e actor Paco Nogueiras cos seus instrumentos e a súa querida “Máquina”
nunha divertidísima viaxe chea de humor, baile e cancións. As alegrías, as amizades, os libros, a
poesía, a ecoloxía, as festas do ano (o magosto, o samain, o entroido, o nadal) e o respecto á nosa
Benvidas e benvidos a SON ANIMAL. Un novo espectáculo de Paco Nogueiras adicado aos animáis máis cercanos e aosseussons convertidos en divertidas cancións.
Moi preto de nós viven toda clase de ANIMAIS. Hainos grandes, pequenos, con pelo, plumas, cornos, rabo, con catro patas, dúas… ningunha. Todos diferentes e especiais, todos marabillosos. E todos... co seu SON.
Rosa Cedrón presenta Nómade, un libro de rexistros que describe as luces e as sombras atopadas nunha viaxe ao máis profundo da propia identidade. Gravado na Casa de Tolos coa produción de Segundo Grandío e o inconfundible selo de Sergio Moure de Oteyza, Nómade é o terceiro traballo en solitario da artista que, acompañada dos seus xa incondicionais Javier Cedrón e Miguel Arthus, dános o resultado dunha viaxe sonora que parte da escuridade das tormentas ata a serenidade do amencer que se fortalece, aliviando feridas do pasado e curando o presente.