Concerto

Galego
Taxonomy Itriangulo: 
Taxonomy Imagen png: 

O asasino do tango

Concerto dedicado ao gran compositor arxentino Ástor Piazzolla, pouco despois de cumprirse os 100 anos do seu nacemento. Un artista que aínda hoxe segue suscitando unha gran polémica. Mentres que para uns foi «o asasino do tango», para outros foi «o gran Ástor». Odiado ata no ámbito da música académica, chegou con todo a converterse nunha estrela mundial e embaixador cultural do seu país.

Gozaremos dalgunhas das súas obras máis famosas en versións vocais e instrumentais a cuarteto do Ensamble IULIUS XIII.

Galego

Uxía Trío

"Uxía Trío" é un repertorio cheo de sabores e cores, luminoso e mestizo, froito do camiño nos seus máis de 35 anos de carreira nos que renovou a música tradicional conectándoa coas culturas atlánticas.
Ademais do seu trabalho, Uxía-o, dedicado ao poeta da montaña, Uxío Novoneyra, tamén se aproxima á música tradicional de Galiza e Portugal e a unha nova lectura da rica obra do Zeca Afonso, un exemplo e un modelo de como combinar as raíces e unha linguaxe propia.
O compromiso e a beleza, o lirismo e a realidade. 

Galego

El Kanka

Desde aqueles míticos Lo mal que estoy y lo poco que me quejo ou Canela en rama, El Kanka ganouse o cariño e a confianza do público grazas a sua autenticidade e gran optimismo sobre as táboas. E é que os seus concertos  consolidanse como auténticas festas da música en directo. Este outono, con seis discos no seu haber, El Kanka regresa a Momentos Alhambra Acustiquísimos acompañado pola súa inseparable guitarra para ponerlle o broche dourado a sua xira Cosas de los vivientes, na que será a última actuación do ano do músico malagueño. 

Galego

Cores Contos e Rock´n´Roll coa Ramona Pequena

Pakolas e Laura preséntanos o seu último librodisco, “Ramona Órbita, a dona do tempo”, editado en Sonárbore, na Editorial Galaxia (Agosto-2020). Neste novo traballo contaremos e cantaremos, e debuxaremos a historia de Ramona Órbita, unha muller labrega da Serra do Courel, que posúe unha horta cibernética con patacas automáticas, e ademais ten  unha máquina do tempo, o seu mellor invento.Con ela viaxa ao futuro e ao pasado na procura de tecnoloxía para crear un mundo mellor, mais ecolóxico e con enerxías limpas.

Galego

Teatro dos vieiros

Xoán Curiel e Charo Pita representan aos traballadores dun teatro. Os espectadores que os acompañan desde as butacas esperan asistir a unha obra. Máis a aparición dun furacán no camiño fae que o actor e actriz que debían protagonizar dita obra non den chegado a tempo! A voz en off que presenta o espectáculo, suxire que os dous traballadores do teatro, boten man do seu inxenio e improvisen o espectáculo para tranquilizar ao público. 

Galego

Páxinas

Subscribirse a RSS - Concerto