Variacións sobre Martín Codax
Variacións sobre Martín Códax é unha residencia artística multidisciplinar para a re-composición musical das sete cantigas de Martín Códax contidas no Pergamiño Vindel, con motivo da súa estanza no Museo do Mar de Galicia en Vigo. O resultado desta residencia, dirixida polo trío Ulobit, se achegará ao público nun concerto no mesmo museo, que mesturará música, canción, danza e vídeo.

