Concerto

Galego
Taxonomy Itriangulo: 
Taxonomy Imagen png: 

The Clams

Esta banda está formada integramente por mulleres que interpretan os temas máis coñecidos do blues e soul dos anos 50 e 60.

O grupo está composto por:

MailynClam: batería
Mariña Clam: baixo e voces
HenarClam: guitarra
PatriClam: trombón
NoeClam: saxo e clarinete
AlmuClam: trompeta

Galego

Ana Moura

Ana Moura está considerada unha das mellores fadistas do momento. Na actualidade está de xira presentando o seu novo disco, Moura.

Na súa xira fará unha parada en Ferrol e Pontevedra.

Galego

Noró

O músico e compositor Xabier Díaz estrea novo álbum de estudo xunto con Adufeiras de Salitre, cos que xa sacou outro disco previamente, o premiado The Tambourine Man.

Nesta ocasión estarán de xira por distintas cidades galegas e a nivel nacional.

Galego

The Lákazans

A banda de Boiro presenta o seu novo disco, no que destaca o son máis característico do grupo.

Neste novo traballo tamén se poderán escoitar ritmos de blues, rockabilly, country, soul e swing.

Os temas de Sandwina foron compostos por unha muller, é a mesma que se encarga de levar o fío narrativo do disco. Deste xeito, Lákazans destaca a importancia do poder da muller.

Galego

Michael Nyman

Michael Nyman é un dos compositores británicos máis innovadores e aclamados. O seu traballo abarca óperas, cuartetos de corda, bandas sonoras e concertos orquestrais. Moito máis que un mero compositor, é ademais intérprete, director, pianista, escritor, musicólogo, fotógrafo e cineasta. Considerado coma un “home do Renacemento”, a súa inquedanza creativa e a súa polivalencia artística convertérono nunha das iconas culturais máis fascinantes e influentes do noso tempo.

Galego

JD McPherson

Undivided Heart & Soul é o novo disco do cantante de Oklahoma. O álbum narra unha serie de trastornos, frustracións, obstáculos e un destino: aprender a amar facer música outra vez deixándoa ir.

As once novas cancións do artista están co-producidas xunto a Dan Molade e gravadas nos históricos estudios RCA Studio B, con numerosas colaboracións. 

Galego

Páxinas

Subscribirse a RSS - Concerto