De aquí para alá
Lydia Botana trae este espectáculo no que a través da música conta a historia de Bolboreta, coa que faremos unha colorida viaxe.

Lydia Botana trae este espectáculo no que a través da música conta a historia de Bolboreta, coa que faremos unha colorida viaxe.
Mariña é unha regueifeira e queda sen palabras...Nikolai sempre quixo ser músico pero tocoulle ser aviador...Xuntos farán unha viaxe polo mundo na procura de novas palabras para as súas regueifas porque o mundo ten moito que contar!! Traballamos sobre a importancia das palabras e o idioma (Regueifa!!), a multiculturalidade, cuestións de xénero e o coidado do mundo, coa intención de xenerar curiosidade para que @s nen@s e as familias podan seguir investigando.
Naranja Imaginario é un proxecto artístico, transformador e pedagóxico centrado na música electrónica, as novas tecnoloxías e a participación.
Nos últimos dous anos, Sweet California pasou de ser unha promesa a converterse nun grupo consolidado entre o público español e mesmo internacional. Empezaron facendo covers en YouTube, onde ademais de colgar os seus videoclips soben vídeoblogs semanais.
Co seu primeiro álbum, Break of day, chegaron ao nº 1 dos máis vendidos e conseguiron ser disco de ouro. O seu segundo álbum, Head for the stars, bateu récords, permanecendo 4 semanas no número 1 de vendas en España, e polo momento son disco de platino.
A banda irlandesa está de xira por España e fará parada en Lugo.
Crow Black Chicken presentará o seu novo disco Pariah Brothers no que están presentes os sons do sur.
Gonçalo Guerreiro interpretará varios temas portugueses a partir de poemas de Fernando Pessoa, estará acompañado por músicos coruñeses.ç
O concerto celébrarase coincidindo coa conmemoración da Revolución dos Claveis do 25 de abril.
Actuación da banda galega de hardcore e do contador de historias Lois Pérez.
Alpargata é unha banda madrileña formada por Mario Boville (guitarra e voz), Santi Cañete (baixo, guitarra e voz), Ángel Cáceres (guitarra eléctrica), Joni Montoro (baixo e teclados), Darío Santamaría (frauta traveseira), Alvaro Vallejo (percusión) e Jorge Vallejo (batería).
Considérase como unha das bandas máis singulares do panorama musical español, debido á súa explosiva mestura de ritmos e estilos, cos que souberon gañarse o respecto de público e crítica nas súas máis de 10 anos de traxectoria musical, nos que produciron 3 discos e feito numerosas xiras por España e Europa.
Este espectáculo para nenos de 3 a 5 anos está narrado pola mestra de ceremonias Chus Álvarez, quen achegará aos espectadores a través dun percorrido musical polas melodías circenses ao máxico mundo das artistas da pista, neste caso de pallasas, malabaristas, adestradoras de pulgas e ilusionistas.
Habelas Hainas, logo dunha intensa traxectoria como músicas ao vivo, presentan Livres e loucas, primeiro traballo discográfico deste grupo de músicas de raíz galega cun son enérxico, fresco e orixinal desde olladas feministas e sociais.