Concerto

Galego
Taxonomy Itriangulo: 
Taxonomy Imagen png: 

Gun

A banda escocesa de Hard Rock GUN regresa á actualidade musical con "Hombres", o seu novo traballo discográfico. Este novo álbum supón o seu regreso discográfico con novo material dende o  "Favourite Pleasures" de 2017.

Galego

Boyanka Kostova

Boyanka Kostova mete na cocteleira a retranca galega, o folklore rexional e os ritmos tradicionais; enganden sons urbanos, contemporáneos e electrónicos, loops de efectos, samples, caixa de ritmos… O resultado é puro flow rural. Trap de aldea, pero universal.

Galego

Un soño é…

Uxía lambona e a Banda Molona é unha banda musical infantil  que nace no ano 2014 e está formada por  Pali ao baixo, Ñoc á batería, Diego á gaita e frauta, Serghaño á guitarra, Roscón ao acordeón e Uxía cantando e animando! .

Ten o  obxectivo de facer cantar e bailar “coma toliñ@s” a todos os nenos e nenas, achegándolles a música tradicional galega dun xeito  atractivo para eles, cambiando estilos musicáis, letras…, e temas propios sempre en galego.

Galego

Filloas

Artista de pop urbano en galego que che ven traer unha música coa que non pararás de bailar e moverte.
O seu estilo se basea na autenticidade das súas letras, que se misturan con ritmos clásicos como o punk con outros máis modernos como o hyperpop ou o trap.
 

Galego

Contacontos Cantando con Pinocho

Cantando con Pinocho, é un proxecto no que A Fada de Cabelos Turquesa e Pepino, contarán o conto que enlazarán cantando en directo con acordeón e piano as cancións inéditas compostas para a obra teatral de Pinocho.
As cancións tratan os temas da liberdade, a amizade, os alimentos ou a importancia de perseguir un soño, entre outros. Abriremos unha porta a unha emocionante aventura que nos amosará un camiño cheo de sensibilidade. 

Galego

Transylvanian Suite

Basilio Martí, compositor, pianista e produtor presenta o seu último traballo xunto aos irmáns Santana. Jazz, electrónica e música clásica entrelázanse neste concerto para render homenaxe á película de FiedrichMurnau, Nosferatu (1922), icona da corrente cinematográfica do expresionismo alemán.

Acompañado por Javier Santana ao contrabaixo e Jorge Santana á batería, os tres recrean nesta suite contemporánea música clásica, jazz, funk, psicodelia… nun formato para trio con piano e sintetizadores, música inspirada nunha obra de arte do expresionismo.

 

Galego

Páxinas

Subscribirse a RSS - Concerto