Ataque Escampe
Ver a Ataque Escampe en directo é unha experiencia difícil de esquecer. O seu espectáculo é a restra de emocións —da sensualidade á euforia, da melancolía ao furor— que cabe esperar do grupo que leva desde 2008 escribindo a banda sonora do noso espazo tempo en máis de 120 cancións: desde alfaias ocultas até auténticos himnos underground, como Segunda división, A vitoria, Noites de agosto ou Lamborghini, entre moitos outros. Non hai dous concertos de Ataque Escampe idénticos porque todos os sitios son especiais e todos os días memorables.

