Guadi Galego
Neste 2024 Guadi Galego regresa cun novo espectáculo, Síntese Horizonte, expresamente concibido para representar, ao vivo, en tres únicas funcións sobre as táboas dos teatros de Galicia. Síntese Horizonte é unha aposta da propia Guadi Galego pola evolución do seu son, pois con cada disco, e con cada espectáculo, Guadi foi aprendendo a desaprender do establecido.