Verán miúdo
Espectáculo musical.
Espectáculo musical.
Temas propios, versións de cancións populares, divertidos arranxos para un programa que transita por todos os estilos: latino, clásico, jazz, swing, bandas sonoras… Que acontece cando parte da banda chega tarde e despistada ao lugar do concerto? Unha sucesión de situacións cheas de humor, de improvisación, de solucións disparatadas, pero sempre acompañadas pola mellor música. Unha nova produción con ritmo, máis ritmo, que fará gozar, bailar e rir ao público.
A agrupación vocal e instrumental VOX STELLAE reúne máis dunha vintena de músicos para ofrecer un programa que incluirá música das catedrais de Galicia, barroco americano e obras de grandes mestres como Monteverdi, Mazak ou Guerrero.
Debutou en 2010 coa canción «Algo contigo», co que logrou situarse dentro do ámbito musical. Durante os seguintes anos, lanzaría cancións como «La nena mía» e «Toma» en 2011, «Putería» e «Quien por ti» en 2012 e «Aumentan los deseos» e «Orgullo» en 2013. A canción «Orgullo» tivo un vídeo musical e unha remestura con J Balvin en 2014.
Tiruleque ven de celebrar xa o 20 aniversario da súa fundación onde recupera un repertorio de todos os seus traballos cunha escolma do seus mellores temas, a edición dun disco recompilatorio “Tiruleque 20 anos no camiño” e unha xira de concertos baixo o mesmo título.
O vindeiro outono León Benavente fará una xira de DEZ ÚNICOS CONCERTOS, que inclúe Santiago de Compostela, para celebrar os seus dez anos como banda.
Tanto nos ten é un grupo de música da Galiza que emprega no seu repertorio músicas e letras propias e do saber popular, retranqueiras, de escarnio e comprometidas co país e que, xunto ós pasodobres, muiñeiras, foliadas, rumbas e outros ritmos bailables, conforman o que denominamos, música tradicional furtiva coa que tratan de interactuar coa xente, e converter nunha festa cada unha das súas intervencións, tanto de rúa coma de palco.
A temperá idade comeza a súa paixón pola música, con sete anos xa entoaba as súas primeiras notas e participaba no coñecido programa Sopa de Gansos de TVE1.
Con 9 anos, vai vivir a Galicia e empeza a interesarse pola gaita e o baile tradicional, incorpórase a un grupo de folclore no que está 11 anos.
Felisa Segade, Xoán Porto "Guancho" e Xosé Antón Ferreira son Tres Pesos. Tres xeitos de facer, tres adictos á nosa música, tres caras da mesma moeda. Un proxecto, un soño. Tres músicos, tres voces e tres vidas vinculadas a ducias de proxectos culturais; Malveiras, Colexiata, Pradairo, Limagoia, A Ponte Vella, Ker-cuez, Estivada de Calo, Arreixeira, Leilía, Liceo de Noia, Brincadeira,... centos de horas sobre o escenario e miles fora del soñando coas música e tradición galegas.
Cimafunk é unha estrela de rock afrocubana nominada ao Grammy. O seu nome fai referencia á súa herdanza como cimarrón, cubanos afrodescendientes que resistiron e escaparon da escravitude, así como á esencia da súa música que pretende subverter os ritmos clásicos cubanos con innovadoras mesturas de funk, afrobeat e hip hop. Cimafunk recibiu eloxios abafadores nas súas xiras por EE. UU. e Europa, e fíxose un nome como un dos grandes showman da actualidade, presentando un espectáculo eléctrico en vivo coa Tribo, a súa banda de 9 persoas da Habana.