A historia de Lumecú
Lumecú descobre que pode crear imaxes e mundos incribles, grazas a imaxinación e o xogo.
Marcelo Dobode e Beatriz Martínez, voltan traer unha historia extraordinaria, chea de música, cantares e … moita luz.

Lumecú descobre que pode crear imaxes e mundos incribles, grazas a imaxinación e o xogo.
Marcelo Dobode e Beatriz Martínez, voltan traer unha historia extraordinaria, chea de música, cantares e … moita luz.
TRIBAL XX é o novo espectáculo do gaiteiro e frautista pontevedrés ÓSCAR IBÁÑEZ, co que celebra o 20 aniversario de traxectoria artística coa súa banda de directo ÓSCAR IBÁÑEZ & TRIBO. En TRIBAL XX combina novas creacións con algúns dos temas máis destacados dos seus traballos discográficos. Así pois TRIBAL XX é unha espectacular e enérxica viaxe sonora a través música tradicional galega chea de orixinalidade, imaxinación e creatividade, na que realiza unha mestizaxe musical fresca, moderna e innovadora con predomio da sonoridade celta.
Tras anos converténdose nun secreto a voces en Santiago subindo cancións de corte doméstico, mariagrep decidiu ser a raíña dun urban melódico tan conectado co bedroom pop como coa vaporwave. Ofreceu decenas de directos nalgúns dos festivais máis importantes do país, e na súa música habita unha sensación de estar a dar a volta ao pop electrónica, cunha actitude tan preto da música industrial como dos medios tempos de estética noventera ou mesmo o punk-pop.
Dylan LeBlanc (Louisiana, 1990), músico norteamericano -cualificado como “o novo Neil Young” e comparado con Townes Van Zant ou Ryan Adams– transformou o seu turbulento pasado en cancións folk onde beleza e dor camiñan da man.
LODE é un dos artistas galegos con maior repercusión nas redes sociais. Cun estilo urbano pero multidisciplinar, o cantante de Narón está abraiando ao seu público pola gran combinación nas súas composicións de sons actuais e bailables cunha gran voz. Tras as súas exitosas aparicións en programas televisivos como La Voz ou El Hormiguero, Lode eleva a escena urbana a base de talento, con composicións musicais e coreográficas propias de primeiro nivel.
Misuria é un quinteto que fai das súas actuacións unha homenaxe á música tradicional norteamericana dende a súa raíz blusera, que forma o groso do seu repertorio. Así, atoparémonos estilos tales como o folk e country blues, xunto ao gospel, swing, bluegrass e outras expresións.É por iso que o grupo presenta instrumentación tradicional, onde destacan as harmónicas, o kazoo, a táboa de lavar e o slide, nun intento de recrear os vellos sons que nunca deixarán de emocionar e as vellas letras que na persoa de Alba "furacán" fanse canción.
The Horrors é unha banda de indie rock británica formada en Southend, Inglaterra, no verán de 2005.
Chegan a Santiago para presentar o seu novo disco "Night life".
Nicholas Ryan Waterhouse é un cantautor e produtor discográfico estadounidense de Los Ángeles. É un guitarrista e cantante coñecido por un son arraigado no rhythm & blues, o jazz e o soul.
Os Carismáticos + Celia Pía + Chema Dj
Xirando sen descanso por toda Europa, The Toasters conseguiron ter unha lexión de fans europeos, atraíndo a novas xeraciones e facendo o ska popular máis aló da súa propia escena. O seu son dinámico, coñecido popularmente como o “East Side Beat”, é a principal característica do ska de the Toasters como música urbana.