Concerto

Galego
Taxonomy Itriangulo: 
Taxonomy Imagen png: 

Coleccionistas - A arte feita comedia

‘Coleccionistas’ chegou aos teatros e auditorios de Galicia a pasada primavera con grande éxito de público.

A contrastada popularidade dos seus protagonistas, os actores Marcos Pereiro, Oswaldo Digón e Santi Romay, unida ao orixinal e particular do espectáculo, favoreceu a asistencia dun público que valorou moi positivamente a experiencia.

Porque se algo ten este espectáculo é a capacidade para sorprender: o público non conta con ser o protagonista, non conta con ter que participar e incluso guiar o desenvolvemento da obra.

Galego

Gain Over

O Concello de Nigrán e o festival Vive Nigrán ofrecen mañá xoves 14 de Xullo desde as 21:00 horas na Alameda de San Campio (A Ramallosa) o concerto do grupo da escola de música Gain Over como parte da actividade complementaria Vive Patrimonio. Ademais como artistas
convidadas estarán Xía Rodríguez e Sara Sanmartín, do program ‘Descúbreas’ da Deputación de Pontevedra (dirixido a músicas novas de entre 16 e 30 anos).

Galego

Rober Carcos

Rober Carcos é un artista vigués que, en clave de rock, interpreta as súas cancións combinadas con covers  dos grandes da música en castelán. As súas influencias van desde internacionais como Tom Petty, Rolling Stones, The Band, ou The Black Crowes ata grupos do panorama nacional como Os Rodríguez, Preguiza, Ragdog ou Iván Ferreiro.

Galego

30 anos cantando con Migallas

Migallas Teatro celebra os 30 anos facendo e cantando música infantil en galego cun divertido e variado concerto para público familiar. Nesta ocasión, conta con músicos de recoñecido prestixio e traxectoria como Xaquín Xesteira e Anxo Xesteira, de Treixadura, e Borja Garcíae Isi Baúlo, que acompañarán a María Campose a Carlos Yusno escenario.

Galego

Sol de Medianoche | Concerto homenaxe a Luz Pozo Garza

No marco da programación para celebrar o centenario do nacemento de Luz Pozo Garza, o Arquivo de Galicia, celebra un concerto homenaxe na súa memoria a cargo da mezzosoprano Joana Thomé e o quinteto de cordas Schubert, que interpretarán un programa baseado nos poemas do libro da autora Sol de Medianoche, con lectura dalgúns dos seus fragmentos. Quinteto de cordas Schubert    Gabriel Bussi e Ángel Marote, violíns    Raymond Arteaga, viola    Elena Escalza Cortina, violonchelo    Fernando Rodrigues, contrabaixo

Galego

Xira Orixes

Los Jinetes del Trópico, loitamos sen lanternas! Despois de varios anos de constante evolución, os Jinetes estabilizanse cunha formación disposta a loitar nos mellores escenarios.

Cumbia, ritmos tropicais, reggaeton galego e moito máis! Todas as cancións reflicten o compromiso, a creatividade, o amor, a festa e os soños destes novos Jinetes. Lonxe de asentarse despois de sacar o disco e varios sinxelos, a máquina non para e os Jinetes teñen moitas cancións na recamara que sairán mes tras mes durante o verán.

Galego

Awen Music

O dúo acústico Awen Music dará un concerto, no Skarnio e Maldicir Espazo Alternativo de Baiona, o vindeiro xoves 21 de Julio. Ao longo desta noite poderemos gozar do seu repertorio de versións e algúns dos seus temas propios.

Awen é un dúo de Vigo que interpreta todo tipo de versións dos clásicos do rock, soul, blues, así como algún tema de creación propia. Dúas potentes voces unidas por unha guitarra e unha única paixón: a música.

Galego

La Patrulla

La Patrulla actuará este Domingo 17 de Julio, na Praza do Concello de Baiona, dentro do programa de verán Baiverán do Concello de Baiona. La Patrulla, fai un percorrido polos temas máis influentes do pop/rock español da década dos 80, 90 e actuais. Ademais fan con algunhas chiscadelas a temas clásicos máis antigos. Nesta ocasión tocarán dúas dos seus membros: Ramón e Carlos. 

Galego

O bardo Abelardo

Músico de formación clásica que experimenta rapidamente un crecente interese pola música tradicional galega e portuguesa, a partir da cal comeza a realizar saídas de melodías recollidas de diferentes cancioneiros galego-portugueses ou do contacto directo co campo no traballo de campo.

Galego

Verónica Ferreiro & Javier Sánchez

Verónica Ferreiro (voz), Javier Sánchez (guitarra), Moisés Sánchez (piano), Ander García (contrabaixo), Andrés Litwin (batería)

Verónica Ferreiro e Javier Sánchez, recoñecidos músicos da escena Jazz española, preséntannos o seu novo proxecto musical, no que se funden, con total naturalidade, a persoal voz e os poemas en galego de Verónica, coas composicións e arranxos de Javier. Unha obra que mira ao Jazz, pero que tamén visita a música clásica e o folclor, e está aberta á influencia de multitude de expresións artísticas.

Galego

Páxinas

Subscribirse a RSS - Concerto