Concerto

Galego
Taxonomy Itriangulo: 
Taxonomy Imagen png: 

Ciclo Muralleando: Funkombo

Funkombo é un combo de funk en directo formado por Mr Fishman, Sr Topo e Beatmac, tres experimentados músicos da escena, que axuntan forzas neste proxecto para ofrecer un espectáculo de grooves nun gran formato de festa.

Fishman aos pratos, Topo á batería electrónica e Beatmac ao micrófono, cunha nova forma de interpretar o funk, break, afrobeat e derivados, sempre dirixido á festa por encima de todo. Unha combinación de ao vivo/sessión, diversidade musical e bo groove como receita principal nos seus espectáculos.

Galego

Jacob Collier

O novo prodixio do jazz chega por 1ª vez a Galicia co seu “Djesse World Tour” que terá 3 únicas paradas en España .Cunha fulgurante carreira que non para de crecer, o multiinstrumentista británico xa tiña 2 premios Grammy na casa con tan só 22 anos, que xa son 5 na actualidade tras o seu último galardón conseguido no 2021, sendo o primeiro artista de UK na historia que conseguiu polo menos 1 Grammy cos seus 4 primeiros discos.Aos seus 26 anos pode presumir de traballar con xigantes da industria tan dispares como Coldplay, Hans Zimmer ou Pharell Williams e recibido os eloxios de lendas como

Galego

En la habana de noche

Jamila Purofilin, acompañada dos seus músicos habituais (piano, baixo, percusión); rinde homenaxe a La Habana, a súa cidade natal de 500 anos; a través dos xéneros musicais que o identifican: a habanera, o bolero, o son e o canto trovador. Dende principios do seculo XX ata a actualidade. La Habana é unha cidade de cancións

Galego

Divertimentos

Espectáculo sen palabras no que a música de Mozart condúcenos en clave de clown polas relacións humanas, poñedo en valor as diferencias como unha oportunidade para medrar dende o grupo.

Galego

Pablo Sanmamed Trio "Dluxe"

Comenza a funcionar non 2015, presenta un repertorio integrado por composicións propias.

Na súa idea estética prevalecen os compases irregulares sobre temas de composición ou versións , buscando distintos puntos de vista dentro da sonoridad do trio standar ( piano, contrabaixo e batería ), observando músicas e referentes tanto dentro do jazz coma de world music.

No 2018 gravan 16 – 4 un disco integrado por 8 temas de autoría propia e unha versión.

Galego

Concerto lírico "O sole mio" - Napolitanas

O encanto das cancions napolitanas e o son orixinal dos instrumentos como o piano e a mandolina sumerxirán ó público no romántico e expresivo mundo das canciones populares italianas. 
Canciones repletas de amor, mar e sol que crean unha atmósfera que o embriagará nun cautivador concerto, xunto coas melodías inmortalizadas por o famoso Enrico Caruso.

FORMACIÓN: Soprano, Tenor, Mandolina y Piano

Galego

Páxinas

Subscribirse a RSS - Concerto