Concerto

Galego
Taxonomy Itriangulo: 
Taxonomy Imagen png: 

Cantares para Rosalía

O concerto compónse de cancións feitas polo dúo con extractos de Cantares Gallegos, obra de Rosalía.  Algunhas pezas son con harmonio, de ritmos populares e alegres e outras son con piano. Complétase con cancións que fixo o dúo con poemas que outros autores dedicaron a Rosalía de Castro, como Curros, Otero Pedrayo e García Lorca. Habitualmente incluimos algún tema con letra nosa, como Nana do Couto Mixto ou Alalá dende Turín. 

Galego

Ciclo Muralleando: Tango en Xaneiro

O grupo Tango en Xaneiro nace en Meira, cando toda a comarca meirega loitaba por conseguir o merecido recoñecemento das Letras Galegas para Avelino Díaz, coincidindo co 120 aniversario do seu nacemento. Unidos por esta causa, os compoñentes confluíron dando lugar a Tango en Xaneiro. Os compoñentes do grupo son Xose Ramón Saborido ao clarinete baixo, Marisa dá Pereira ao acordeón, Bruno Villamor á gaita, requinta e zanfona; e Patricia Coucheiro na voz.

Galego

Ciclo Muralleando: The Wireless

A banda THE WIRELESS, conmemora os 30 anos da morte de Bob Marley co rigor e a profesionalidade musical dos seus compoñentes os cales proceden de importantes formacións como Gossos ou Macaco. É a primeira vez que moitos poderán vivir a sensación de viaxar á Xamaica dos anos 70, sen perder a influencia do Reggae actual que fai que este espectáculo sexa tamén un show contemporáneo apto para todos os públicos.

 

Galego

Ciclo Muralleando: iria Estévez

Iria Estévez é unha cantante galega con amplo percorrido. De formación vocal principalmente autodidacta, posúe estudos de Master en Artes Escénicas e Maxisterio e formouse en danza (especializándose en Danzas orientais) cos mellores mestres, desde temperá idade.

No ano 2010 subíase por primeira vez a un escenario para cantar , liderando o proxecto Crave de Fado (xunto a Pepe Piña e Gonzo Piña).

O estilo persoal e a voz versátil de Iria, chamaron a atención de público e profesionais da música, polo que conseguiu abrirse un oco rapidamente no panorama musical de Galicia.

Galego

Ciclo Muralleando: Muddy Doll

Muddy Dolls xoga en casa. Esta banda de versións, ofreceranos temazos de soul e rock dos 90 e algún que outro clásico. Nos seus concertos soan con forza Pink Floyd, Pearl Jam ou Red Hot Chili Peppers. Un plan estupendo para non parar de cantar, facer coros ou dar palmas en todas esas cancións reconocibles e necesarias para afrontar o final do Desencontro. 

Galego

Páxinas

Subscribirse a RSS - Concerto