Concerto

Galego
Taxonomy Itriangulo: 
Taxonomy Imagen png: 

Xabón Lagarta

Malia os difíciles tempos para a música por mor da pandemia, A banda da Loba seguiu a ser unha das bandas que máis tocaron en Galicia nos dous últimos anos. Por esta razón, este ano presentan novo disco e novo espectáculo: "Xabón Lagarta", inspirado no universo vital das lavandeiras e neses espazos de liberdade, confidencias e insubmisión que eran os lavadoiros. O pasado e o presente. As experiencias e as conquistas herdadas. O berro confiado porque antes outras berraron por nós. A busca do noso lugar nesta gran espiral que é a vida.

Galego

Xisco Feijoo e banda "Peixe"

Transportarémosvos ás foliadas, seráns e polavilas que, dende tempos inmemoriais ata hoxe, enchen as almas dos asistentes termando rebulir os pés dos máis inquedos e adonairando os sons nos ouvidos daqueloutros máis moderados.

Peixe é un relatorio onde se reivindica como necesarias todas aquelas características personais que son únicas, exclusivas e intrínsecas a cada ún de nós como verdadeiro nexo de unión e comprensión nas nosas relacións sociais,.

Galego

De não saber o que me espera - Homenaxe a Zeca Afonso

Nacho · Faia · Lar

Trad/ Vangarda/ Experimental

Tres referentes da vangarda musical galega xúntanse neste proxecto para dar voz ao repertorio do Zeca Afonso. A especial mirada artística da cantante Faia Díaz sobre unha selecta escolla de temas do artista portugués cobra una dimensión contemporánea e transgresora xunto a experimentación electrónica e percusiva dos prestixiosos músicos Nacho Muñoz e Lar Legido .

Un diálogo musical transfronteirizo que vai mais alá do espazo-tempo, de grande beleza e sensibilidade e absoluta liberdade creadora.

Galego

O idioma da tinta

Un concerto protagonizado a partes iguais pola música e a poesía, ao fío do libro-disco “O idioma da tinta”, de Yolanda Castaño e Isaac Garabatos.

Un dos músicos máis versátiles e activos do panorama actual pon música a un dos rostros máis populares da poesía galega. A poesía de Yolanda Castaño encontra nas composicións de Isaac Garabatos o mellor dos acompañamentos, capaz de conectar con propios e estraños a través dun concerto ameno, de alta calidade artística e cargado de emocións. Un xeito de que a mellor poesía contemporánea de Galicia chegue a un público máis alto.

Galego

De cando os animais cantaban

TRES PESOS

Felisa Segade, Xoán Porto "Guancho" e Xosé Antón Ferreira son Tres Pesos. Tres xeitos de facer, tres adictos á nosa música, tres caras da mesma moeda. Un proxecto, un soño. Tres músicos, tres voces e tres vidas vinculadas a ducias de proxectos culturais; Malveiras, Colexiata, Pradairo, Limagoia, A Ponte Vella, Ker-cuez, Estivada de Calo, Arreixeira, Leilía, Liceo de Noia, Brincadeira,... centos de horas sobre o escenario e miles fora del soñando coas música e tradición galegas.

Galego

Old Rocksteady

Cachas&Cousins é unha banda de rocksteady, R&B e soul xamaicano formada en Santiago de Compostela no ano 2014. No seu repertorio contan con clásicos da música xamaicana dos anos 60, cos cales transmiten a súa paixón polo ska e o rocksteady, imprimindo nas actuacións o máximo respeto polas raices do estilo e buscando un coidado sonido que se asemelle ao utilizado por grupos da época, con un mimado e enérxico directo que non deixa indiferente a ninguén, apto para tódolos públicos.

Galego

HOMENAXE AO ROCK HISPANO DOS ANOS 80

Fernando Esclusa, á voz e á guitarra, (ex Guru Deva), Francisco Taxes "Pocho" (exRevolujoin), voz e baixo eléctrico, e Alberto Dopico "Delpi" (exBastards on Parade) á batería, proxectaron as súas teimas musicais cara aos anos sesenta. . Porén, e ante as múltiples peticións doutros repertorios para incontables veladas e festas, decidiron sacar este coidado set list, eminentemente rockeiro, para os amantes do legado do rock hispano dos 80.

Galego

APOLLO III, AD INFINITUM

dA Trío de Narci Rodríguez encaixan o seu son dentro do Groove, do funk, hip hop, soul e música electrónica.

Despois dos anteriores EP´s publicados (REFLEXIÓNS, 2019 e INMERSIÓN NO BALEIRO CUÁNTICO, 2021), rompen o panorama musical con APOLLO III, AD INFINITUM.

Galego

Animación de Rúa

No ano 2020 Latexo lanza o seu primeiro espectáculo de rúa, no que aposta por un show de batucada cun carácter moi persoal e marcado polas súas influencias, cuns arranxos musicais de creación propia moi coidados, nunha clara aposta por fusionar o movemento e a percusión afrobrasileira con elementos visuais como a luz interior dos seus tambores, ofrecendo así unha proposta de percusión de rúa diferente e de calidade.

Galego

Adrián Vigo Banda

Adrián Vigo presenta o seu segundo disco, baixo o título de "Reflexos", reunindo 12 cancións vestidas coas mellores galas. Se ben o primeiro disco "Profunda amizade" era unha gravación artesanal e mimada, en "Reflexos" vemos un compositor maduro cunha produción de primeiro nivel. Atopámonos cunha variedad musical diícil de ver nestes tempos: dende o pop máis comercial ata os sons latinos, coqueteando polo camiño coa canción galega, o rock, ou a música de raíz... sen perder a esencia baladística.

Galego

Páxinas

Subscribirse a RSS - Concerto