Flash Amazonas
Boleros, punk nipón DIY, non-wave latino e o fervor absurdo dos primeiros Talking Heads son o punto de partida sobre o que Flash Amazonas constrúen un universo propio, un teatro lírico apocalíptico en español e xaponés de realismo existencial hiperbólico. O próximo mes de Outubro o selo americano 60nice publica o seu segundo LP, que presentarán cunha extensa xira europea o próximo outono.

