Muera Cupido
Sebastián Durón é probablemente o compositor español máis importante do seu tempo e o responsable, segundo a “acusación” do Padre Feijoo, da italianización da música española, ou sexa, da súa volta a Europa tras o abafante século XVII.

Sebastián Durón é probablemente o compositor español máis importante do seu tempo e o responsable, segundo a “acusación” do Padre Feijoo, da italianización da música española, ou sexa, da súa volta a Europa tras o abafante século XVII.
The Courettes é a nova banda da brasileira Flavia Couri; rock and roll e garaxe a ritmo de soul. Un dúo afincado en Dinamarca composto por Couri e o seu marido; responsable da batería.
Presentan os temas do seu último álbum, "Back in Mono", o terceiro da súa carreira, e que saíu editado en 2021. O seu anterior traballo longo titúlase "We Are The Courettes" e foi editado en 2018.
A Banda Aldaolado, de recente creación, é a expansión da proposta coa que Lucía Aldao e María Lado levan xirando dende 2005, con espectáculos onde se unen a poesía, a música en directo e o humor. Na banda participan Lucía Aldao e María Lado, Macarena Montesinos e Violeta Mosquera. No concerto presentarán o seu novo disco Forestal, así coma o videoclip dun dos seus temas realizado ao abeiro do Fondo de Proxectos Culturais Xacobeo 2022.
Viva Suecia vira co seu último disco "El Amor de la Clase que Sea" dispoñible desde o 7 de outubro de 2022.
Este novo álbum chega tras "La Voz del Presidente"; lanzado a principios deste ano 2022.
Os madrileños Comandante Twin tocarán os temas do seu novo disco titulado "Sangrar a gallarón"; lanzado en novembro de 2021.
O álbum está producido por Pachi García Alis (Lori Meyers, Amaral, Supersubmarina) e na mestura conta con Carlos Hernández (Second, Viva Suecia...)
Iñigo Merino e Pravlenha unen as súas forzas nunha xira conxunta á que chamaron "Tenía Que Pasar". Ambos os artistas pertencen ao mesmo selo; Volvoreta Records.
O cantante berciano (León) Pravlenha conta cun álbum debut titulado "Superestabilidad"; editado en decembro de 2021.
Pola súa banda, Iñigo Merino conta cun novo traballo titulado "Lo de Dentro"; disco editado en febreiro deste ano 2022.
A banda australiana de punk rock The Meanies chegan a Coruña para presentar o seu último disco titulado "Desperate Measures"; editado en 2020 por Folc Records e que xa está esgotado.
The Meanies levan 30 anos sobre os escenarios e chegan coa formación composta polo seu líder Link, arroupado por Wally ao baixo, Jaws á guitarra (anteriormente batería de The Onyas), e Ringo á batería.
Unir vangarda e tradición é o obxectivo de Dulzaro, un proxecto que reivindica a figura de Federico García Lorca a través do seu imaxinario, combinando a súa poesía con sons modernos como samples, loops e sintetizadores electrónicos. Desta forma, conséguese xustapoñer sons contemporáneos con poemas perdidos do poeta granadino para achegalos ás novas xeracións a través dunha voz con influencias do flamenco e do fado.
Maryland edita novo disco en outubro 2022 despois do seu exitoso disco "RESPLANDOR" e preparan un Extenso TOUR por toda a Península.
O cantautor sevillano Kisko Espinosa actúa en formato acústico.
Conta con tres discos editados; "Mañana ya veremos", "Dimelo tui" e "Lancaster Gate".