Hendrik Röver
Inevitablemente unido aos Deltonos, banda blusera emblemática dos 90, o cantante, compositor e produtor Hendrik Röver é na actualidade un folksinger pola vella norteamericana; Blues, rhythm and blues e rock que foi expandindo o seu estilo á vez que o facían as súas influencias, coa adición de folk, flatpicking, country e Honky Tonk. No concerto fará un repaso por todo o seu repertorio en solitario así como algúns temas dos Deltonos, coa solidez e o apromo que lle caracteriza.

