Concerto

Galego
Taxonomy Itriangulo: 
Taxonomy Imagen png: 

Kaydy Cain

Daniel Gómez Carrero, coñecido profesionalmente como Kaydy Cain, é un rapero español e ex membro do grupo musical Pxxr Gvng. É recoñecido polo seu estilo orixinal e as súas contribucións á explosión do xénero trap en España.

Galego

High Paw + Fillas de Cassandra + Nadie

High Paw + Fillas de Cassandra + Nadie, en tres puntos diferentes dos seus percorridos musicais amosarán tres shows distintos e de estilos moi variados dende o rap reivindicativo como as influencias trap e da música tradicional até o reggae e undergound deixando moi claro que en Vigo hai unha cantidade enorme de artistas cun talento impresionante e que o seu recoñecemento a nivel nacional tería que ser aínda máis notable.

Galego

Club del Río

Club del Río é maxia, é alegría, é unha xanela aberta, é un lugar marabilloso onde se reúnen seis músicos de Madrid e é aire libre onde a música flúe sen ataduras. Club del Río somos nós, vós e eles, é a enerxía que nos axuda a empezar os días. É, posiblemente, o grupo onde nos gustaría vivir, tocar e rir, pasar os días e mirar o río, na súa amplitude, na súa discorrer. Xa na beira, o Club debuxa un folk luminoso e optimista, cheo de matices e de influencias varias que aderezan cuns xogos vocais brillantes e uns arranxos que converten as súas cancións en marabillas instantáneas.

Galego

Panda dub

Panda dub é un proxecto unipersoal de Lyon (Francia) creado a principios dos anos 2000. Baixo este nome, o produtor propón unha música dub influenciada á vez polo electro novo-dub francés e polo estilo stepper británico. Unha música realizada por computador como instrumentos reais: Panda toca tamén a melódica, as percusións, a guitarra, as frautas, o teclado e o baixo. E tamén Erhu, Bağlama que lle permiten engadir algúns tons orientais nunha música stepper.

Galego

Sofía Ellar

Sofía Ellar presenta en Santiago de Compostela os temas do seu novo álbum «Libre» na xira española que leva o mesmo nome.Desta maneira, a cantautora nada en Londres repasará os seus grandes éxitos interpretando un repertorio que abarca desde clásicos como «Amor de anticuario» ata o recente «E 23» ou «Canción de radio», ambos os temas incluídos no seu novo disco «Libre» que poderás escoitar o 28 de outubro na Sala Capitol de Santiago de Compostela.

Galego

Matinais Musicais | Lucía Martínez Cuarteto

A compositora e multi-instrumentista viguesa Lucía Martínez chega ao Gaiás para presentarnos o seu último disco acompañada por tres músicos e amigos —João Pedro Brandão, Pedro Neves e Carl Minnemann— cos que integra o Lucía Martínez Cuarteto, un proxecto froito da amizade nacido na escola de Jazz no Porto hai máis de 12 anos.O repertorio que interpretarán nas Matinais Musicais de outono, reunido baixo o título «Calma e algo máis», é unha homenaxe ao momento presente, unha invitación para pechar os ollos e a respirar, buscando ese acougo que enche a vida de luz.Oito pezas orixinais que beben

Galego

Cinco Sentidos

Proxecto musical liderado e creado pola cantante, pianista e percusionista Diana Tarin.

Cinco Sentidos é o nome do espectáculo que Diana presenta, onde a maxia das raices africanas, o folk galego o funky e o Latin Jazz dan vida a cada un dos temas que conforman especial concerto.

Galego

Páxinas

Subscribirse a RSS - Concerto