Concerto

Galego
Taxonomy Itriangulo: 
Taxonomy Imagen png: 

Pixies

A banda estadounidense de rock Pixies presentarán os temas do seu novo disco titulado "Doggerel"; dispoñible desde o 30 de setembro de 2022.

Deste novo álbum a formación liderada por Black Francis editou "Dregs of the Wine" como primeiro single; tema composto polo seu guitarrista Joey Santiago.

As entradas saen á venda o venres 30 de setembro a partir das 10:00 horas e en preventa o xoves 29 ás 09:00 horas cun prezo de 54 euros máis gastos de xestión.

Galego

The Cat Empire

A banda australiana The Cat Empire que mestura rock, ska, jazz e funk virará por Valencia, Santiago de Compostela, Madrid, Barcelona e Santander.

Retoman así a súa xira cancelada en 2020 pola pandemia.

En abril de 2022 The Cat Empire lanzaron o seu último disco ata o momento titulado "Live Form Melbourne, December 2021"; un disco en directo. O seu anterior álbum de estudo saíu en 2019; "Stolen Diamonds".

Galego

Los Chikos Del Maíz

A banda de rap político Los Chikos del Maíz presentan novo disco titulado "Yes Future" editado en xuño de 2022 e que dá pé a unha ampla xira do mesmo nome.

O novo álbum sae en formato libro con Cd no seu interior e en vinilo. O libro recolle textos de César Rendueles, Layla Martínez, Nacho Pato ou Nuria Alabao; entre outros.

En marzo de 2021 Os Chikos de Maiz publicaron o seu anterior traballo baixo o título "David Simón" (Altafonte). Este álbum supón unha homenaxe a un nome fundamental da ficción audiovisual, creador de series como "The Wire" ou "Treme".

Galego

Mafalda + Tremenda Jauría

Mafalda tocará os temas do seu último disco "Lles Infelices", dispoñible a partir do 21 de outubro de 2021. Acaban de celebrar os seus 10 anos sobre o escenario.

O colectivo de música urbana Tremenda Jauría presentan os temas do seu novo disco; editado en 2022 e que leva por título "Todxs Igual". O álbum contén 12 cortes de rock, punk, reggaeton e electrónica e serve para celebrar os seus cinco anos en activo.

Galego

Muera Cupido

Sebastián Durón é probablemente o compositor español máis importante do seu tempo e o responsable, segundo a “acusación” do Padre Feijoo, da italianización da música española, ou sexa, da súa volta a Europa tras o abafante século XVII.

Galego

The Courettes

The Courettes é a nova banda da brasileira Flavia Couri; rock and roll e garaxe a ritmo de soul. Un dúo afincado en Dinamarca composto por Couri e o seu marido; responsable da batería.

Presentan os temas do seu último álbum, "Back in Mono", o terceiro da súa carreira, e que saíu editado en 2021. O seu anterior traballo longo titúlase "We Are The Courettes" e foi editado en 2018.

Galego

Por que non nos volvemos bicar?

A Banda Aldaolado, de recente creación, é a expansión da proposta coa que Lucía Aldao e María Lado levan xirando dende 2005, con espectáculos onde se unen a poesía, a música en directo e o humor. Na banda participan Lucía Aldao e María Lado, Macarena Montesinos e Violeta Mosquera. No concerto presentarán o seu novo disco Forestal, así coma o videoclip dun dos seus temas realizado ao abeiro do Fondo de Proxectos Culturais Xacobeo 2022.

Galego

Viva Suecia

Viva Suecia vira co seu último disco "El Amor de la Clase que Sea" dispoñible desde o 7 de outubro de 2022.

Este novo álbum chega tras "La Voz del Presidente"; lanzado a principios deste ano 2022.

 

Galego

Comandante Twin

Os madrileños Comandante Twin tocarán os temas do seu novo disco titulado "Sangrar a gallarón"; lanzado en novembro de 2021.

O álbum está producido por Pachi García Alis (Lori Meyers, Amaral, Supersubmarina) e na mestura conta con Carlos Hernández (Second, Viva Suecia...)

Galego

Iñigo Merino + Pravlenha

Iñigo Merino e Pravlenha unen as súas forzas nunha xira conxunta á que chamaron "Tenía Que Pasar". Ambos os artistas pertencen ao mesmo selo; Volvoreta Records.

O cantante berciano (León) Pravlenha conta cun álbum debut titulado "Superestabilidad"; editado en decembro de 2021.

Pola súa banda, Iñigo Merino conta cun novo traballo titulado "Lo de Dentro"; disco editado en febreiro deste ano 2022.

Galego

Páxinas

Subscribirse a RSS - Concerto