Ariel Rot
O cantante e guitarrista Ariel Rot, membro de Tequila e Los Rodriguez, cunha dilatada carreira en solitario ofrecerá dous concertos en Galicia na súa xira de celebración dos 25 anos do seu xenial disco «Hablando Solo» que publicou tras a disolución e Los Rodríguez. Os concertos terán lugar na sala Garufa da Coruña o 26 de maio e na sala Rouge de Vigo o día 27 de maio. Para a ocasión Ariel volve xuntar á banda que lle acompañaba hai 25 anos con Tito Davila, Ricardo Marín, Pablo Serrano e Jacob Reguilón.

