Miguel Iglesias
Miguel Iglesias é un músico vigués que fai de cada actuación unha festa onde participa todo o público; Nesta ocasión, presenta un concerto no que mostra a súa música en formato persoal e reducido. O concerto constará de dous pases, no primeiro Miguel Iglesias fará un repaso das súas cancións e no segundo obsequiaranos con versións case á carta. Acompañaralle Antonio Toja á percusión.

