O punto de encontro máis evidente entre a música e o teatro florece no xénero da zarzuela.
Son poucas os títulos deste xénero que se conservan cos textos en galego, mais o tesouro que nos ofreceu o mestre Bernardo de Río en forma de partitura, é unha das fieis testemuñas a ese teatro musicado que engaiolou o corazón da sociedade no século anterior.
Un recipiente escénico onde o converxen con protagonismo o idioma galego, a música folclórica galega, o baile rexional, e a nosa idiosincrasia cultural en todo o seu esplendor.