Roi Mendez
Despois dun longo casting, saltou á fama en España por mor da súa participación na novena edición do concurso de talentos Operación triunfo, onde foi o décimo expulsado, quedándose ás portas da final. Ao longo do concurso, interpretou varias cancións, pero o seu dueto coa gañadora da edición Amaia, un cover de «Shape of You» de Ed Sheeran, foi considerada unha das mellores interpretacións do concurso e foi gravada para o disco de Amaia Amaia Romero: As súas cancións. Ademais, foi proposto para ser favorito en 3 galas, logrando selo na gala 7.

