Luis Fercán
A mestura do seu carisma e a profundidade das súas cancións, fan que te enganches e non poidas deixar de escoitalo. En 2018 publica o seu primeiro Longa Duración, ‘Greta’, cunha incrible acollida, situándoo indubidablemente entre os autores a seguir. En 2019 segue o EP ‘Furias’ cuxo single ‘110’ alcanza os 3 millóns de escoitas en spotify sen entrar en ningunha lista, confirmando o futuro brillante do cantante.

