Concerto

Galego
Taxonomy Itriangulo: 
Taxonomy Imagen png: 

Kiss Experience + Solrain

Kiss Experience é un show pensado para toda a familia, cheo de diversión, paixón, entrega, e grandísimas cancións de todos os tempos; revive o show en vivo de KISS, a mítica banda neoiorquina, cunha gran posta en escena, maquillaxe e vestiario, aquel espectáculo que marcou a xeracións de seguidores por máis de catro décadas.

Galego

Kulto Kultibo

Kulto Kultibo grupo de Rap/Reggae desde 2010 da man de Penca (Mc), Samu (Mc), Cogomelo (Dj), Aimar (Técnico de Son). Ese mesmo ano, gravan a súa primeira e única maqueta «7 Días» , a cal lles dá un empuxón para realizar unha serie de concertos e motívalles para seguir loitando pola banda. Entre o ano 2011 e o 2013, céntranse en preparar o seu primeiro LP auto-producido «Ahora o Nunca» que vería a luz en decembro de 2013.

Galego

NANO.

Este 2022 acumula máis de 7 millóns de streams en plataformas, chegando a un peak de 330.000 oíntes mensuais, miles de descargas e mais de 100.000 Shazzms de busquedas nas súas cancións.

En marzo de 2022, NANO. lanzou o seu album debut "Pa o teu Carita" o cal acumula mais de 2.5 Millóns de reproducións. A parte do a?lbum, conseguiu co seu single "Malito" coarse no non10 de procuras de España en Shazam, e permaneceu dentro do top200 durante 4 semanas. Tamen formou parte do top 200 de Arxentina, Uruguai e Francia, sendo número 1 nalgunhas cidades concretas destes paises.

Galego

Bejo + G. Parsi & M. Ocepek

O artista canario BEJO empeza o ano cun concerto en Santiago de Compostela, concretamente na Sala Malatesta.

O XOVES 2 de FEBREIRO chega a Galicia o rap máis peculiar e rechamante e con el, o dúo de rap residente en Madrid, G.PARSI & M.OCEPEK para abrir o evento.

A partir das 20:00. Entradas a 18€ anticipada; 21€ en despacho de billetes.

Galego

Dr. Queen

1986, quizá fose o ano máis emblemático dos 80`, no medio de grandes eventos que cambiaron o curso da historia, alzouse un artista que saltou á inmortalidade realizando o concerto de Rock máis memorable e mítico de toda a historia, Freddie Mercury, John Deacon, Brian May e Roger Taylor, colmaron o estadio de Wembley en Inglaterra, mostrándolle ao mundo un novo líder, unha nova lenda, con moito traballo previo, pero sen dúbidas, foi un punto de inflexión que marcou un antes e un despois.

Galego

Superoito

Superoito celebra o seu décimo aniversario e faino coincidindo coa presentación do seu terceiro disco baixo o lema "10 Anos de Rock, 10 Convidadas de Luxo" no que reinventan os seus mellores temas rodeados de amigos de bandas referencia en Galicia, e acompañados por Acouga.

Alberto Cereijo (Los Suaves, N.E.O), Tucho (Heredeiros da Crus), Anxela (Bala), Vituco Neira (Ruxe-Ruxe), Gustavo Brea (Nao), Gonzalo Grela (Machina, Broa), O Leo i Arremecághona, Jana (Liska), Brais e Jose (Nuada), Gabri e Carlos (Acouga); elenco de fantasía para unha noite de Rock única e irrepetible.

Galego

Rude Pride + Brigade Loco + Keltoi!

Rude Pride: a banda mais importante do movemento Oí! da península. Formados en Madrid no 2013 . Xa dende os seus inicios alcanzaron notoriedad co seu Oí! clasico. Eso levounos a facer xiras por todo Europa , Estados Unidos y tocar en festivais como Viña- Rock...O concerto de Compostela será moi especial , xa que será a última oportunidade de velos en Galicia..a banda está ca sua xira de despedida dos escenarios , onde darán en Madrid o seu último concerto a finais de xaneiro.

Galego

Páxinas

Subscribirse a RSS - Concerto