Rodrigo Ramos
Tras máis dunha década formando parte de distintos grupos, Rodrigo Ramos inicia a súa carreira en solitario en 2015. Dous anos máis tarde, publica “Mirabas Almas”, disco debut co que fai gala da sua versatilidade en directo.
En canto a sons, Rodrigo atrévese a xogar co folk, pop e rock and roll, deixando que as propias letras decidan que e como queren vestirse á hora de presentarse ante o público.
No seguinte disco, “Sol de Invierno”, Rodrigo Ramos ofrece un álbum cálido e altamente dotado no apartado vocal.

