Purple Rei
Purple Rei volve ao Garufa Club. Esta singular homenaxe a PRINCE Rogers Nelson volve á sala coruñesa presentando o seu segundo EP: ‘PURPLE REI volume II’. PURPLE REI amosará o seu contundente directo reinterpretando en galego os clásicos da primeira década do artista de Mineápolis, desde o seu álbum debut ‘For you’ ata o seu celebrado ‘Lovesexy’, pasando por referentes como ‘Dirty mind’, ‘Purple rain’ ou ‘Sign of the times’.

