Copa Turbo + Dalsi
A banda compostelá de punk e rock and roll Copa Turbo tocarán os temas dos seus traballos discográficos editados ata o momento. O último saíu publicado en 2020 baixo o título "Esta non é a túa puta cidade, este non é o teu puto barrio e ti non es o puto Jack Kerouac"; un mini Ep de tres temas.
Acompáñalles a formación viguesa de pop Dalsi.

