The Grassland Sinners
O rock de raíces norteamericano ten novos embaixadores en España: The Grassland Sinners. O conxunto barcelonés acaba de publicar Goin Fat (autoeditado, 2022), o seu segundo longa duración. Nacidos a finais de 2015, o grupo conseguiu labrarse o respecto da parroquia rockeira da cidade condal co seu primeiro traballo, Let It Ride (autoeditado, 2017).

