Invento
Madalena Gamalho é unha das grandes voces emerxentes do panorama musical galego. Cantora e compositora con ampla formación en técnica vocal e unha especial conexión co mundo lusófono. Inicia o seu percurso musical no 2015 en formacións como Nota Bene ou Os Meninos, atuando en Galicia e Portugal. Vocalista na actualidade da banda jazz folk Laroá e recentemente finalista no concurso Sonidos Mans 2022, así como do concurso Fran Pérez Narf co seu proxecto máis persoal, Invento.