Recambios Tucho + Dj Edu Albo
Recambios Tucho é un grupo galego de rock nado no seo de Heredeiros da Crus no ano 2001. Encabezado por "Tuchiño", adícase a versionar temas clásicos do rock and roll.
Nado no seo de Heredeiros da Crus no ano 2000 para dar saída a unha serie de versión de temas clásicos, que por aquel entón a súa compañía discográfica non lles permitía, Recambios Tucho preséntase como un proxecto encabezado por "Tuchiño", que empezou a tomar forza tras a disolución de Heredeiros en 2005.

