Clásica

Galego
Taxonomy Imagen png: 

Forma Antiqva

Centrado nos irmáns Pablo, Daniel e Aarón Zapico, Forma Antiqva é un conxunto de música barroca de formación variable que reúne aos intérpretes máis brillantes da súa xeración e que está considerado pola crítica como un dos conxuntos máis importantes da música clásica en España.

Galego

Real Filharmonía de Galicia

A Real Filharmonía de Galicia inicia o seu camiño en Santiago de Compostela en 1996. Paul Daniel é, desde 2013, o seu director titular e artístico, posto no que o precederon Helmuth Rilling e Antoni Ros Marbà. Está formada por cincuenta músicos de 17 nacionalidades diferentes. Con sede no Auditorio de Galicia e xestionada polo Consorcio de Santiago, mantén unha tempada de abono estable. Ao longo da súa traxectoria acompañárona os máis destacados directores, cantantes e instrumentistas do mundo.

Galego

Banda Municipal de Música de Santiago: Unha mañá de clásicos

PROGRAMA

Giuseppe VERDI (1813-1901)

 AIDA, Escena e gran marcha (1871)

 

Piotr Ilich CHAIKOVSKI (1840-1893)

MARCHA ESLAVA in Bb menor, Op. 31 (1876)

 

Hector BERLIOZ (1803-1869) Tran. M. Tamanini

MARCHE HONGROISE, La Damnation de Faust (1846)

 

Mikhail IPPOLITOV-IVANOV (1859-1935) Trans. M. G. de Arriba

BOCETOS DO CAUCASO, Suite (1894)

I.- No campamento dos xitanos

II.- Cortexo do sardad

 

Piotr Ilich CHAIKOVSKI (1840-1893)

O LAGO DOS CISNES, Suite-Ballet (1877)

Galego

Orquestra Xoven da Sinfónica de Galicia

Concerto con programa de cine.

Desde a súa fundación en 1994 a Xoven Orquestra da Sinfónica Galicia permitiu por centos de mozas e mozos instrumentistas completar a súa formación musical participando en espectáculos operísticos e concertos sinfónicos, baixo o maxisterio de mestres como Alberto Zedda, Dima Slobodeniouk, James Judd, Pietro Rizzo, Michael Gilbert,  Víctor Pablo Pérez, James Ross, Diego García Rodríguez, José Trigueros ou Joan Company entre outros.

Galego

Páxinas

Subscribirse a RSS - Clásica