Chaikovski e Sibelius | Real Filarmónica de Galicia
Mentres prepara a volta aos escenarios, a Real Filharmonía de Galicia, ofrecerá en aberto a re-emisión de dúas das pezas que forman parte do seu repertorio histórico.
Este xoves poderase volver escoitar a Abertura-Fantasía de Romeo e Julieta de P. I. Chaikovski que a orquestra interpretou en 2015 baixo a dirección de Jaime Martín e o Concerto para violín en re de J. Sibelius que Paul Daniel dirixiu o ano pasado.
Como velo?
A emisión comezará ás 20.30 horas na canle de Youtube da RFG, no Facebook e na plataforma Tolemias.

