Clásica

Galego
Taxonomy Imagen png: 

Concerto Extraordinario de Nadal: Beethoven 250

Un ano máis, a Orquesta Clásica de Vigo pechará o ano celebrando o tradicional Concerto Extraordinario de Nadal. Nesta ocasión a programación estará adicada á figura de L.V. Beethoven con motivo do seu 250 aniversario. 

O este programa xirará ao redor dunha obra esencial do compositor: O Concerto para piano e orquestra n.4 en sol maior, que será interpretado por Severino Ortiz Rey, un verdadeiro luxo para rematar o ano.

Será o martes 29 de decembro ás 20:30 e estará a cargo de Manuel Martínez Álvarez-Nava e Severino Ortiz Rey como solista.

Galego

MIHLSons – XXI: Conversando con J.S. Bach

Ensemble de clarinetes do Conservatorio Profesional de

Música Xoán Montes

Héctor Fernández, Lucía Gómez, Álex López, Vitoria Oropeza, David

Rodríguez, José Ramón Saborido, Uxía Sierra, Julia Valdés, Gerald David

Vázquez e Daniel Veiga

Iván Martínez dirección

Iván Martínez e José Ramón Saborido adaptacións para ensemble de clarinetes

Pablo do Vale percusión

Programa:

 Johann Sebastian Bach Vivace dá Sonata a trío II en Do menor,

BWV 526 ensemble de clarinetes

Galego

V Ciclo Lírico de Ourense: Lírica galega

NURIA LORENZO (mezzosoprano) e AFASTO AMOEDO (piano)

Para rematar a quinta edición do Ciclo Lírico faremos unha homenaxe ao Ano Nós no que estamos inmersos na cidade. Así, Nuria Lorenzo, mezzosoprano, co acompañamento ao piano de Afasto Amoedo, ofrecerannos un concerto con textos de Pedrayo, Risco ou Cuevillas. Outros textos serán de Rosalía de Castro, Eugenia Osterberger ou Curros Enríquez.

A noite terminará cunha estrea, un agasallo de Juan Durán, premio Reina Sofía de composición, ?Tríptico rosaliano?, sobre poemas de Rosalía de Castro.

Galego

Cuarteto Quiroga

Eloxiado por The New York Times polas súas «exquisitas e frescas interpretacións», o Cuarteto Quiroga consolidouse como un dos cuartetos máis dinámicos e singulares da súa xeración, aclamado internacionalmente por crítica e público pola súa personalidade única, así como polo seu enfoque audaz e orixinal ao abordar o repertorio para cuarteto de corda.

Galego

BrassConcert

PROGRAMA

DON CARLOS (abertura), Giuseppe VERDI

MARCH (The Love of Three Oranges), Serge PROKOFIEFF

TWO PIECES from Lieutenant Kije, Serge PROKOFIEFF

(Wedding of Kije. Troika)

CARMEN SUITE, Georges BIZET

I. Aragonaise 

II. Habanera 

III. Séguidille

IV. Les Dragons d’Alcala 

V. Toréador

ARGENTOLA (Lenda), David RIVAS

MY WAY, C. F. /J. R. arr. J. Hun

FOGO DA MULATA, Enrique CRESPO

LAST CALL, Otto M. SCHWARZ

 

Casiano Mouriño Maquieira, director

Galego

Páxinas

Subscribirse a RSS - Clásica