Clásica

Galego
Taxonomy Imagen png: 

ClasClas: Uxía Senlle

Uxía, 'a voz do Atlántico', é considerada unha das maiores embaixadoras da música e a poesía galegas. Nos seus máis de 30 anos de carreira artística renovou a música tradicional galega conectándoa coas culturas atlánticas, combinando alalás tradicionais con morna, fado ou ritmos brasileros.

Algún dos temas máis recorrentes que explora nos seus traballos son a procura dun espazo para a voz da muller, o diálogo entre culturas, a poesía contemporánea galega e portuguesa e a defensa da identidade lingüística.

Galego

Festival Pórtico Do Paraíso: Iñaki Alberdi

Iñaki Alberdi actuou en salas de concertos e festivais como o Teatro A Fenice (Venecia), Musikverein (Viena), Salga Arsenal (Metz), Auditorio Nacio-nal (Madrid), Duke Hall (Londres), Hermitage (San Petersburgo), Ostertoene Festival (Hamburgo), Teatro de Opéraa do Cairo, Festival de Outono de Var-sovia, Filarmónica de San Petersburgo, Staattsoper Stuttgar, Festival de Músi-ca e Danza de Granada, L?Auditori de Barcelona, Mostly Modern Series of Dublin, Teatro Colón de Buenos Aires ou Teatro Solís de Montevideo.

Galego

O son da palabra galega

Soledad Vidal Devesa (soprano) e Aurelio Viribay Salazar (pianista)

Recital lírico centrado no xénero da Canción de Concerto, que supón unha das unións máis sublimes e fermosas entre poesía e música.

Este xénero tivo o seu máximo esplendor na primeira metade do século XX, dada a proliferación de compositores interesados por el e á súa intensa creación musical neste ámbito. Unha boa parte dos máis destacados recorreron á poesía galega para as súas cancións.

Galego

Concerto de clausura As miradas de Isaac

O Museo Centro Gaiás quere despedir cun acto especial a exposición As miradas de Isaac, tras unha estadía de seis meses (inaugurouse en novembro de 2020) na Cidade da Cultura. En breve, comezará un programa de itinerancias, que a levará á Coruña e a Vigo, para deste xeito dar a coñecer noutros puntos da comunidade a gran mostra coa que a Xunta de Galicia quixo homenaxear a Díaz Pardo con motivo do centenario do seu nacemento (1920-2020).

Galego

Páxinas

Subscribirse a RSS - Clásica