Concerto de música clásica
- Obras clásica, románticas e modernas para trío de corda. Tamén temas galegos en versións propias.

Camiño dos seus cincuenta anos de historia, unha institución de referencia na vida musical compostelá como o Orfeón Terra a Nosa presenta, a través da súa Capela Antiga, un programa de polifonía coral vinculado á catedral de Santiago. Himnos, matíns, cantos para procesións (incluída a procesión de Ramos no seu día), misas e vésperas conservadas nos arquivos do templo compostelán altérnanse con composicións de afamados mestres, transcendentais figuras na historia da música, como Palestrina, Morales, Guerrero, Victoria ou Desprez.
Cerimonias, concertos e eventos de toda índole inspiraron, ademais de composicións orixinais, transcripcións e arranxos para orquestras de ventos de himnos, marchas e corais como os interpretados neste programa pola Banda Municipal de Santiago no que encontramos pezas relixiosas, cerimoniais e melodías evocadoras (e porque non... contemplativas!), nalgúns casos moi coñecidas como a Serenata de Schubert, o Adagio de Albinoni, o Panis Angelicus de César Franck..
Programa
I. Adagio. Allegro con spirito
II. Andante
III. Menuetto-Trio
IV. Finale: Allegro con spirit
Director: David Santacecilia
Solista: Patricia Fernandes Pires, frauta
Dende que foi fundado en 1997, o conxunto de Praga Collegium Marianum concentrouse en presentar a música dos séculos dezasete e dezaoito, especialmente por compositores que naceron Centroeuropa. Un dos poucos conxuntos profesionais que se especializan neste campo na República Checa, Collegium Marianum non só fai actuacións musicais, senón que regularmente tamén representa proxectos escénicos.
PROGRAMA
Director titular da Real Filharmonía de Galicia durante máis dunha década, Antoni Ros Marbà ponse de novo á fronte da orquestra nun concerto integramente dedicado a Antonín Dvorák. Ao vilochelo está Pablo Fernández, de 24 anos de idade, que lle tirará dos sons graves e profundos dos violonchelo Stradivarius Lord Aylesford, construído en 1696 polo mítico lutier Antonio Stradivari.
O repertorio do concerto está baseado en obras clásicas, composicións propias e adaptacións para orquestra de música popular do século XX.
Actúan nenos de entre 3 e 8 anos que aprenden a tocar ao violín baixo o Método Suzuki na cidade. A súa profesora, Beatriz Junco, formada en Inglaterra, Alemaña e España, é actualmente a única profesora especializada neste Método na Coruña.
Esta metodoloxía baséase na aprendizaxe do violín coma se da lingua materna se tratase. É por iso que os nenos comezan a idades tan temperás a tocar e, grazas á axuda dos seus pais, que asisten ás clases e practican a diario cos nenos, aprenden a tocar o violín case á vez que aprenden a falar.
Fumika Yamamura (violín); Gabriel Bussi (viola); Elena Escalza (violonchelo); Daniel del Pino (piano)
Interpretarán no Teatro Principal de Pontevedra as seguintes obras:
PROGRAMA Teatro Jofre de Ferrol: