Clásica

Galego
Taxonomy Imagen png: 

Concerto da Banda Municipal de Música de Celanova

Trátase dunha das bandas máis antigas de Galicia. Ao longo da súa historia, a banda participou en numerosas actuacións no territorio galego, así como no resto de España, Portugal e Venezuela. A Banda Municipal de Celanova foi galardoada con numerosos premios destacando os acadados en certames musicais tan prestixiosos como os que se celebraban en Ribadavia, Lugo, Ourense e Oviedo, onde acadou premios respectivamente nos anos 1934, 1968, 1971 e 1976, hai que lle engadir brillantes actuacións en moitos lugares de España, así como excelentes intervencións nas diversas televisións do pais.

Galego

Concerto de Marisol Mendive

Licenciada en Ciencias da Educación pola Universidade de Barcelona, realizou os seus estudos de órgano cos profesores J. L. González Uriol (Zaragoza) y M. Torrent (Grao Superior, Barcelona). Participou en numerosos cursos de perfeccionamento dirixidos polos profesores Daniel Roth, Andreas Arand e Michael Radulescu, entre outros. Traballou durante varios anos como organista e directora do Departamento de Música do Santuario de Torreciudad (Huesca).

Galego

Concerto de Trompas Lusas

O cuarteto foi fundado no ano 2010. Na súa estrea, presentouse coa Orquestra Filharmónica Cidade de Pontevedra co Konzertstück op.86 para 4 trompas e coa Orquestra de Robert Schumann. Conta con presentacións en festivais nacionais e internacionais como 38º Festival Internacional de Música de Espiño, 4º Festival Internacional de Metais Graves de Alcobaça, 5ª Trobada de trompistas de Cataluña, 3º Festival Internacional de Metais de Alicante e 46º Simposio da Sociedade Internacional de Trompas realizado en Londres.

Galego

Concerto de Hércules Brass Quinteto

Hércules Brass Quinteto de metais nace na Coruña no ano 2012 e está formado por novos profesionais de vento metal cunha longa experiencia tocando xuntos, principalmente na Orquestra Nova da Sinfónica de Galicia e na Joven Orquesta Nacional de España (JONDE).
Recentemente foron protagonistas dunha das emisións de "Música Joven" en Radio Clásica da RTVE e recibiron o primeiro premio no eMuse Online Music Competition 2014.
Dende agosto de 2014 organizan o seu propio festival "Hércules Brass Celanova".

Galego

Concerto de Eburon Quintet

O quinteto Belga Eburon está formado por un grupo de novos músicos de vento metal, que intentan dar a súa propia visión e creación musical ao mundo da música. A excepcional arte deste conxunto captou a atención de moitas figuras eminentes en abril de 2012, cando o quinteto foi galardoado co primeiro premio no 8ème Concours International de Musique de Chambre de Lyon e recibiu o premio especial Coup de Coeur BAYER.

Galego

Recital de Lied

Lied é a canción lírica característica do romanticismo alemán composta para solistas e acompañamento musical.

Neste recital interprétanse lieder de Shubert, Mozart, Beethoven, Shumann, Brahms, Strauss e Wolf.

Organizado pola compañía Opera Magenta e pola Concellería de Educación de Vigo.

Galego

Concerto dunha orquestra de corda

Fundada en 1995 por iniciativa de Rogelio Groba Otero, director-concertino, e Clara Groba, violoncelo principal e solista, e integrada por músicos formados en diversos conservatorios europeos. Desenvolveu unha intensa actividade que a levou a interpretar un amplo repertorio que abarca desde o barroco ata os nosos dias, incluíndo a difusión de compositores galegos e facendo especial fincapé na extensa obra do compositor Rogelio Groba Groba, do cal se levaron a cabo numerosos estreas.

Galego

Fuoco e Cenere

Fuoco e Cenere, ensemble liderado por un creativo e imaxinativo Jay Bernfeld, pecha a décima edición do Festival Via Stellae conectando música de onte, iconografía de hoxe (creada en directo polo ilustrador Fred Bayle) e historias eternas de loita contra a opresión coa súa innovadora presentación das heroínas Judith e Esther.

Galego

Al ayre español

En torno a 1730, John Walsh publicou en Londres a primeira colección impresa de sonatas en trío de Georg Friedrich Haendel, o seu opus 2. A maioría das obras foran escritas en torno a 1717, durante a estadía de Haendel en Canons ao servizo do duque de Chandos.

Eduardo López Banzo leva moito tempo escudriñando nas interioridades da obra de Haendel, nunha incesante busca dos elos menos coñecidos da súa obra.

Galego

Páxinas

Subscribirse a RSS - Clásica