Real Filharmonía de Galicia
O Consorcio de Santiago está a promover o achegamento da Real Filharmonía de Galicia e a música clásica aos cidadáns. Con esta filosofía, durante toda a semana celébranse concertos gratuítos en barrios significativos da cidade compostelá, ao aire libre, aínda que están previstos espazos alternativos para os días que chova. A batuta lévaa o mestre holandés afincado en Galicia Bram Sniekers, director artístico do Conservatorio Profesional de Música de Lalín e director da súa orquestra.