Día Internacional dos Arquivos

Imaxe: 
Día Internacional dos Arquivos
Galego
Mostrar en barra lateral: 
NO mostrar en barra lateral

Constelación Luz. Luz pozo Garza (1922-2022). Poesía, Arte e Vida

O Arquivo de Galicia comprácese en convidar a vostede a participar na Conferencia e Mesa redonda Inaugural dos actos de celebración do Centenario de Luz Pozo Garza que terá lugar o martes 21 de xuño, de 11 a 13 horas.

Lugar: Auditorio Neira Vilas

Edificio da Biblioteca e Arquivo de Galicia

Cidade da Cultura de Galicia

Santiago de Compostela

 

Conferencia inaugural a cargo de Xesús Alonso Montero (11-12 h.)

Galego

Semana Internacional dos Arquivos na Fundación EXPONAV

O Arquivo da Fundación EXPONAV (Fundación para el Fomento del Conocimiento de la Construcción Naval y de las Actividades Marítimas) súmase, un ano máis, á celebración da Semana Internacional dos Arquivos, promovida polo Consello Internacional de Arquivos (CIA) baixo o lema: Empoderar os Arquivos.

Nesta ocasión presentan un vídeo para difundir as súas actividades.

Galego

Vídeo promocional do Arquivo Xeral da Deputación Provincial de Lugo

O Arquivo Xeral da Deputación de Lugo súmase, un ano máis, á celebración da Semana Internacional dos Arquivos, promovida polo Consello Internacional de Arquivos (CIA) baixo o lema: Empoderar os Arquivos.

Este ano aproveitan a efeméride para presentar un pequeno vídeo de difusión dos fondos documentais custodiados no Arquivo.

Galego

Velada musical no Arquivo Histórico Provincial de Pontevedra

O Arquivo Historico Provincial de Pontevedra súmase, un ano máis, á celebración da Semana Internacional dos Arquivos, promovida polo Consello Internacional de Arquivos (CIA) baixo o lema: Empoderar os Arquivos.

Para pechar as actividades organizadas este ano para esta conmemoración está programada unha velada de música española do século XVIII, coa voz de Ana J. Sánchez Barreiro e a guitarra de Francisco Javier Abraldes.

Ana J. Sánchez Barreiro. Voz. 

Galego

Xornada de portas abertas no Arquivo Histórico Provincial de Pontevedra

O Arquivo Historico Provincial de Pontevedra súmase, un ano máis, á celebración da Semana Internacional dos Arquivos, promovida polo Consello Internacional de Arquivos (CIA) baixo o lema: Empoderar os Arquivos.

Con este motivo o 11 de xuño terá lugar unha xornada de portas abertas cunha visita guiada e unha pequena exposición de documentos e fotografías relacionadas co barrio de Pontevedra A Moureira, baixo o título: “A Moureira: o vello barrio mariñeiro”.

Galego

Distribución da Guía de xestión documental para os arquivos de xestión da Xunta de Galicia

A Guía, que está destinada ao persoal das oficinas de todos os departamentos que compoñen a Xunta de Galicia, pretende dar resposta ás principais cuestións relacionadas coa xestión documental, no ámbito dos arquivos de xestión ou arquivos de oficina, para asegurar unha correcta organización dos documentos que facilite o seu control e acceso e garanta a súa conservación.

Galego

Visitas guiadas ao Arquivo Histórico Provincial de Lugo

O Arquivo Historico Provincial de Lugo súmase, un ano máis, á celebración da Semana Internacional dos Arquivos, promovida polo Consello Internacional de Arquivos (CIA) baixo o lema: Empoderar os Arquivos.

Como cada ano, haberá visitas guiadas para grupos reducidos.

Imprescindible inscrición previa

Teléfono: 982 82 83 18

Correo electrónico: ahp.lugo.informacion@xunta.gal

 

Galego

Páxinas

Subscribirse a RSS - Día Internacional dos Arquivos