Día Internacional dos Arquivos

Imaxe: 
Día Internacional dos Arquivos
Galego
Mostrar en barra lateral: 
NO mostrar en barra lateral

Xornada de portas abertas

O obxectivo destas xornadas co gallo do Día Internacional dos Arquivos é dar a coñecer ó Arquivo de Galicia á cidadanía mediante un percorrido polas súas instalacións e unha explicación dos documentos que nel se conservan co apoio dunha representativa mostra documental.

Galego

Velada musical

Velada musical do cantautor e poeta Joaquín Palacios co gallo do Día Internacional dos Arquivos.

Este concerto forma parte do programa de actividades do Arquivo Pronvicial de Pontevedra por esta efeméride e que podedes consultar aquí.

Galego

A Casona dos Fonseca

Conferencia A Casona dos Fonseca: o oráculo histórico na Pontevedra renacentista.

Esta conferencia forma parte das actividades do Arquivo Pronvicial de Pontevedra co gallo do Día Internacional dos Arquivos.

O Arquivo está no Paseo de Colón, nº 4. E aberto á atención á cidadanía de luns a venres, de 8.30 a 20.30 h., no teléfono 881 151 536 e no e-mail: arq.historico.pontevedra@xunta.gal

Galego

O segredo dos franciscanos

Saíndo do Arquivo Histórico Provincial de Ourense percórrense os "lugares franciscanos" de Ourense con probas e retos nos que se resolve un misterio, cuxa solución está nos capiteis e outros elementos do claustro de San Francisco.

Actividade co gallo do Día dos Arquivos.

Galego

Vicente Álvarez de Neira, arquiveiro (1717-1784)

Inauguración da exposición sobre o primeiro arquiveiro do Arquivo Público e Xeral de Galicia, Vicente Álvarez de Neira, na que se amosan  documentos deste ilustre persoeiro que forman parte do Arquivo da Familia Pita da Veiga, custodiado no Arquivo de Galicia.  

Exposición que forma parte do programa de actividades para festexar o Día Internacional dos Arquivos.

Galego

Páxinas

Subscribirse a RSS - Día Internacional dos Arquivos